Skip to Content

4º Curso

Ecopercusión

O 23 de novembro realizamos na aula de psicomotricidade do cole un obradoiro de percusión da man de Edgar.

A actividade consistiu nunha clase práctica de ecopercusión no que so se empregaron materiais reciclados e outros elementos cotiáns como bidóns, cubos, etc.

Os nenos e nenas aprendemos a reutilizar estes materiais ao mesmo tempo que coñecemos técnicas de agarre e golpeo e patróns rítmicos relacionados a palabras como recurso de fixación.

Creamos poliritmias experimentando con distintos ritmos (afrocaribeños, conga, Batucada…. ).

O produto final do traballo realizado foi unha gran obra que tivo as seguintes partes: introdución, ritmo, cortes e final, que se poden contemplar no vídeo final de máis abaixo.

Foi unha experiencia sensacional onde todo o alumnado e profesorado participante saíu entusiasmado.

Xogando ao atletismo en Sportur

O 19 de novembro participamos nunha xornada de atletismo que organizou a Federación de atletismo e o Servizo de deportes da Consellería dentro das actividades que se desenvolveron na IV edición da Feira do deporte Sportur.

Un total de 10 colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense practicando a modalidade deportiva Xogando ao atletismo. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, saltos, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade.

Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que comecen as probas do Deporte escolar que se levan sen celebrar desde hai máis dun ano.


Resultados das probas


 

 

Magosto 2021

O 12 de novembro celebramos no polideportivo do centro a festa do magosto.

Este ano, disfrutamos do menú de outono que nos serviu e preparou o profesorado do noso centro: bolos preñados, empanada, bica e as protagonistas da festa, as castañas, asadas con moita paciencia polo profe Millán.

Unha vez rematada a merenda, a mestra de educación física organizaou dez estacións de xogos populares polos que fomos pasando todos os cursos do cole.

Para rematar, bailamos e realizamos actividades de percusión.

Pena que só se celebre un día ao ano!!

 GALERÍA DE IMAXES

https://photos.app.goo.gl/iaPdW9HrpqsaWe358


TRABALLOS FEITOS EN CLASE



 REPORTAXE DE TELEMIÑO PARA O XORNAL ESCOLAR


 

DO IT NOW!

Non podemos esperar máis, temos que facelo agora xa.

Por eso, para conmemorar o día internacional contra o cambio climático, o 24 de outubro, todos no noso cole puxemos as nosas voces para acadar que o noso planeta sexa a nosa HOME GREEN HOME.

Non queremos pelexas, discusións, perdas de tempo, ..., queremos poñernos XA a mudar este xeito de vida contaminante por outro alternativo, máis limpo e GREEN.

JOIN US TO CHANGE THE WORLD AND SING FOR THE CLIMATE!

https://www.youtube.com/watch?v=ZQ7TSlArK6Y

Auga, cada pinga un tesouro

Comezamos a nosa colaboración con UNICEF o curso pasado, cando grazas á súa campaña de vacinas para a paz, convertémonos en axudantes dunha vacinación tan necesaria.

Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF.

Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de  non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida.

Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe.

Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEF en Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco.

Exposición do Samaín 2021

TRABALLOS MÁIS VOTADOS POLO ALUMNADO E PROFESORADO

Camiño da lingua

O alumnado de 3° e 4° de primaria disfrutou dun divertido e didáctico obradoiro no que traballaron aspectos culturais, xeográficos, gastronómicos... da nosa comunidade autónoma, Galicia.

Contabamos cun mural que tiña un percorrido semellando o Camiño de Santiago. Os alumnos e alumnas tiveron que resolver diferentes retos para poder chegar á capital galega.

O magosto, refráns, Entroido, Letras Galegas, muralla de Lugo, o propio Camiño de Santiago, gastronomía... foron algúns dos temas tratados nesta lúdica actividade.

O bingo xiringa

O PDI que traballou conxuntamente o centro leva o nome de “Laboratorio Sueiro, campaña de vacinación: contra a COVID... emoción”. A partires desta idea xeral, no 4º curso de E.P. traballamos ao longo do curso as emocións que sentimos dependendo do momento e espazo no que nos atopemos. Fixemos uso dos xogos de rol para poñernos no lugar doutras persoas, dos animais... e recollemos todas esas emocións no que chamamos “O bingo xiringa”.

Obxectivos:

  • Mostrar as nosas emocións.
  • Saber poñerse no lugar dos demais.
  • Fomentar o respecto e a valoración das persoas.

Actividades:

  • Elaboramosdun emocionómetro para controlar as emocións.
  • Debate: que sentes cando estás no colexio? E na casa? E durante o confinamento que nos tocou vivir este ano?
  • Xogo de rol: poñerse no lugar doutras persoas, empatía (enfermos, médicos,...).
  • Visionamos curtas e posterior debate sobre as emocións que transmiten.
  • Odiovirus: creación dun virus que ocasiona violencia e odio. Buscar os compoñentes que axudan a combatelo. Creación da vacina amistidina para derrotar ao odiovirus.
  • Deseño do noso “bingo xiringa” e dos emojis das emocións. Todas as emocións irán nun soporte con forma de gota (debido a que caerán pola xiringa) e identificadas cun emoji diferente. Tamén deseñaremos os boletos do bingo coas diferentes emocións.

 

Caderno de campo na aulade natureza de Oira

O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria participou o 19 e 20 de maio na acticidade que organiza a Concellería de Ed. Caderno de Campo, na aula de natureza de Oira, a partir da observación do contorno. Elixiron unha especie vexetal da contorna, o carballo, que eles mesmos debuxaron nun caderno de fichas entregado previamente.

As persoas monitoras facilitáronlle unhas  unhas normas básicas de comportamento e traballo no campo, acompañado de dúas montaxes audiovisuais para fixar a atención do noso alumnado. Unha deles sobre a vida de Ediht Holden, naturista británica, seguido doutra onde se pode ver a nosa natureza, feita por o mestre ourensán Carlos Alvar Cerviño. Na segunda parte da sesión desprazámonos ao campo forestal que está preto da Aula para identificar e medir a especie de árbore o planta elixida.

A nosa visita nos medios de comunicación:

Palabras

Distribuir contido


by Dr. Radut