Skip to Content

Estrelas e máis estrelas

ESTRELAS E MÁIS ESTRELAS

Chámome Laura, teño 11 anos, vivo en Chantada, estudo 6º de primaria. Teño un telescopio que me regalaron por sacar boas notas. Gústame moito todo o que ten que ver coa Astronomía.

Todas as noites que podo, e o ceo está despexado, vou ao montee miro as estrelas.

Tiña que facer un traballo sobre como clasificar estrelas, e puxen que se clasifican segundo o seu tamaño: ananas e xigantes. A súa cor: brancas, vermellas, azuis, etc.

Seguín buscando información e collín un libro sobre astronomía da biblioteca do meu colexio.Aprendín que a luz dos  planetas parece sempre constante mentres que a das estrelas, parece variar de intensidade e cor. Engadino ao meu traballo.

Quedou moi chulo e penso que áProfe vaille gustar.

Como estaba pasando tan bencon aquel libro,  continuei lendo e  atopei a HENRIETTA SWAN, unha astrónoma que descubriu as estrelas variables CEFEIDAS, que palpitan cun ritmo regular e teñen máis magnitude ou luminosidade canto máis tardan en palpitar.

Pareceu moi interesante este descubrimento, e sobretodo que fose dunha muller, así que esta información ten que aparecer no meu traballo.

Comecei de novo. Agora sí que a  Profe non vai ter máis remedio que  felicitarme e pórme unha moi boa nota.

Cando rematei de cear, dirixinme ao xardín co meu telescopio sen deixar de pensar en HenriettaSwan.

Gústame mirar e observar sobre todo  Mercurio e a constelación de Virgo, en setembro.

Paseino moi ben descubrindo tantas cousas sobre o que máis me gusta.
                       

Autor: Estreliña do ceo   



book | by Dr. Radut