Skip to Content

De maior quero ser...

DE MAIOR QUERO SER…


Ola! 

Chámome Noa, teño 11 anos e vou ao colexio CEIP Manuel  Sueiro.

De maior quero estudar as treboadas. Si, os raios, as precipitacións, …

       Pero… teño un pequeno, mais ben, gran problema. Non podo chegar ás nubes para ver como son. Se son grandes, brancas, como son ao tacto, se teñen ás para voar polo ceo. Ao igual cos raios e o vento.

       Hoxe a tarde cheguei a casa, fixen os deberes e logo púxenme a ver a “tele” no sofá, e como estaba cansa quedeime durmida pero un ruído espertoume de súpeto.

Todo estaba branco e unha voz…

-Ola, eu son Néfele.

Unha  muller de pelo branco e largo, coa pel pálida e un vestido, tamén branco falábame.

-Ooola? Eu so… so …son No… Noa.

-Non teñas medo, chámome Néfele, a deusa das nubes- dicía a muller

-Non pode ser! A deusa das nubes?- repetía eu nerviosa.

      Agora había un ceo azul e nubes grises, brancas. Xa non era todo da mesma cor. Eu estaba sobre unha…nube?

Conteille a Néfele o meu problema.

-Noa- díxome-  Eu ensinareiche as nubes, os raios. Todo o que queiras.

-De verdade. Grazas

-As nubes son masas invisibles formadas por cristais de neve ou gotas de auga…- explicaba Néfele

         E nese momento, apareceu tras de mín, un señor cun raio na  man, de cabelo e barba branca e moi longa.

-Ah! estas aquí. Quen é esta rapaza?- pregunta o señor sinalándome co seu raio

-É Noa, estou falándolle do meu traballo- contesta Néfele-

-Ben. Eu son Zeus  o deus dos raios- cun sorriso

      Explicoume que os raios eran cargas eléctricas e contoume que un home, Benjamín Franklin, inventou o pararraios, e que a súa función é atraer os raios para evitar que caian sobre as casas, por exemplo.

-Imos ver a Eolo- dixo Néfele- Gústalle moito falar  e coñecer xente. Noa será interesante o que che conte.

Non sei como chegamos! De pronto notei un ventiño  que me fixo respirar mellor.

Vexo ante nós, un home co cabelo moi longo, e tan branco, como o de Néfele  e Zeus.

-Boas Eolo- Saúdanse

-Presentámosche a Noa- sigue dicindo Zeus- Fálalle un pouquiño do que fas!

-Encantado Noa. Son o deus do vento.

- Moito gusto- respondín educadamente- Xa me dei conta.

-Nena lista!- dí Eolo- o vento é unha corrente de aire que se produce na atmosfera para variar a presión.

      Explicoume despois que unha estación meteorolóxica é unha instalación destinada a medir e rexistrar regularmente diversas variables de temperatura, precipitacións, etc

-Xa é moi tarde- Di Néfele- Tes que voltar a túa casa.

Dinlle as grazas por explicarme todo tan ben. Néfele entrégame un paquetiño.

-Grazas.

         Os deuses despedíronse, pechei os ollos un segundo e estaba de volta na miña casa.

        Tiña ao meu carón o paquete que me dera Néfele. Abrino e tiña unha nube pequerrechiña. Marchei para o meu cuarto moi leda a investigar máis sobre os fenómenos atmosféricos.

-NON FOI SOÑO!

Autor: Nubarróns 



book | by Dr. Radut