O 31 de xaneiro de 2020 o CEIP Manuel Sueiro participou, na actividade "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Consellería do Mar. Viaxamos ata a vila de Bueu, na provincia de Pontevedra, na que, grazas as monitoras da organización, visitamos:
- Porto de Bueu, na que nos amosaron diferentes instrumentos da arte da pesca que descoñecíamos como: o arranxo da redes, as nasas para pescar as nécoras, cando é o momento de pescar as nécoras, a arte de pesca do pincho,...
- Lonxa de Bueu, ensináronos o proceso de poxa dos produtos pescados na ría de Pontevedra sendo o produto estrala o polbo, ademais descubrimos aspectos tan interesantes dos polbos como: que non teñen 8 patas senón 4 patas e 4 brazos, que cambian de cor cando se comunican entre eles para avisar dos depredadores,... Na lonxa ademais de ensinarnos como se fai a poxa dos produtos tamén non ensinaron como se etiqueta os diferentes produtos.
- Praza de abastos de Bueu, na que nos amosaron os diferentes postos de venta de peixe fresco, el salmoira e en conserva. Para rematar nun magnífico xantar de produtos do mar consistindo nunha cata de produtos como: ensalada de produtos do mar, hamburguesa de peixe e iogurt.
Como derradeiro vos deixamos a foto de grupo na que posamos con estes gorros que nos agasallaron a todos, xa estamos desexando velos na próxima actividade na que visitarán o noso centro coa obra de teatro na que coñeceremos aos arroases.