Nunca foi tan divertido aprender as partes do corpo como coa actividade desenvolvida pola mestra en prácticas, Ania Rial, na clase de 1º E.P., co fin de repasar e afianzar o vocabulario da unidade sobre o BODY.
Non hai mellor xeito de traballo que a práctica, e step by step debuxamos e pintamos cadanseu “body”.
Aquí podedes ver as fotos do traballo e o vídeo coa nosa mellor actuación.
THANK YOU SO MUCH, teacher Ania!
Así xogamos ao coñecido xogo da televisión PASAPALABRA, aínda que en English, o seu nome é ALPHABETICAL.
A mestra en prácticas, Raquel Mosquera desenvolveu esta actividade na clase de 3º de E.P. co fin de repasar e afianzar o “alphabet” e o vocabulario das unidades previas.
Creou o rosco e as fichas coas que cumprimentar o “Alphabetical”
THANK YOU SO MUCH, teacher Raquel!
Ao longo da semana anterior ao 8 de marzo, foron varias as actividades que realizou o alumnado do noso centro, nas súas clases, para conmemorar o 8 de marzo.
Cada clase pescudou información sobre mulleres galegas de diferentes campos e profesións. Cos traballos realizados elaboramos un calendario que imprimimos en papel para que ocupe un lugar destacado na nosa biblioteca e nos corredores do colexio.
Outra das actividades realizadas foi a creación dun gran mural baixo o lema "Podemos facelo" coas imaxes de todas aquelas persoas da comunidade educativa que desexaron participar nunha "pose" inspirada na ilustración de Howard Miller. Se premedes no cartaz teredes acceso a todas as imaxes do mural.
Asemade, nas aulas traballáronse outras temáticas en relación a esta data:
O alumnado de E. Primaria, sumouse á campaña #ChooseToChallenge.
No Día Internacional das Mulleres tamén quixemos pór en valor o traballo desenvolvido, e non sempre coñecido, de MARÍA MARTINÓN TORRES.