Skip to Content

Club de Ciencia

DIXESTIÓN E BOMBEO DO CORAZÓN

A dixestión: Botar nun globo pan , aceite e un ácido (vinagre) e deixar un tempo para que actúe. Ver o resultado e a similitud co proceso dixestivo.

 

Bombeo: Nun recipiente botar auga con colorante vermello. Cortar a boca dun globo grande e cubrir o recipiente (aconsellase un vaso de vidro) con é, de xeito que non se mova.. Facer dous pequenos buratos separados para meter unha palliña en cada un. No extremo dunha das palliñas  poñer un globo pequeno ven atado. Ao presionar sobre o globo que está cubrindo o vaso a auga vermella empezara a bombear tal e como o faría o corazón  e sairá a auga pola palliña que non está pechada. 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Dixestión e bombeo do corazón.

DETECCIÓN DE ALMIDÓN EN ALIMENTOS

 

O amidón é un polisacárido de orixe vexetal, o único dixerible polos humanos, é natural que se atope en patacas, arroz, sementes, cereais e todos os alimentos derivados. A problemática ven cando o atopamos na maioría de alimentos procesados, ao ser un produto de orixe vexetal é moi económico e a industria alimentaria empregao para baixar costes, como espesante, xelificante, ect. Co noso método de detección, a base de iodo, puidemos comprobar que alimentos teñen amidón e razonamos cales o teñen dunha maneira natural e en cales é engadido pola industria diminuíndo a calidade do alimento, algún destes produtos foron o: surimi ou fiame de xamón. As finalidades deste experimento son varias, por unha parte está o coñecemento bioquímico, onde se leva a cabo unha reacción entre o iodo e o amidón, formándose un complexo de coloración azul, traballouse tamén o expíritu crítico, xa que se afondou no coñecemento científico da industria e do mundo que nos rodea e por último fíxose fincapé na importancia do etiquetado alimentario e por atención nos alimentos que mercamos e consumimos.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> DETECCIÓN DE ALMIDÓN NOS ALIMENTOS

TRANSMISIÓN DE ONDAS SONORAS

 

Observamos como se transmiten as ondas sonoras nun líquidos.Transformando o enerxía sonora en mecánica.

 

 

 

 

 

INFLAMOS UN GLOBO CON BICARBONATO

 

Preparamos unha botella de plástico pequena con vinagre . Añadimos bicarbonato dentro do globo e con coidado unimos o globo á boca da botella, unha vez que levantamos o globo vimos como ao mesturarse os dous ingredientes o globo se inflaba solo.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Experimentos con globos

VOLCÁN CON REALIDADE AUMENTADA

Os alumnos colorearon unha ficha colas diferentes partes dun volcán. 

 

Ao colocar un dispositivo con app QUIVER VISIÓN  xera unha imaxe de realidade aumentada, nela aparecen as diferentes partes do volcán e retos a resolver sobre o tema. 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Realidade aumentada

AS NOSAS PLANTAS

 

Cada alumno/a fai a súa propia plantación con sementes diferentes e segue o proceso de crecemento da súa planta. 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Plantación

CREAMOS O UNIVERSO

Precisamos: un bote transparente, algodón, auga,  unha palliña, purpurina, estrelas e colorante azul.

Empezamos botando unha pouca auga, añadindo colorante, purpurina e estrelas. Removemos cunha palliña. Despois cubrimos con algodón de maneira que se absorba a auga. Repetimos o proceso varias veces ata cubrir todo o tarro. E xa temos o noso Universo !

 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> creamos o universo

PROPULSAR UN BARCO DE PAPEL

 

Realizamos un barco de papel . Nun recipiente con auga colocamos o barco. Nesta auga en estado líquido existe unha tensión superficial. Botámoslle a un palillo deterxente e ao acercarnos ao barco facemos que este se mova. O deterxente reduce esa tensión superficial, o que fai que o barco se arrastre.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> barco a propulsión

O EMBUDO MÁXICO

 

Colocamos un embudo sobre a parte superior dunha botella. Sellamos con plastilina o espacio entre o embudo e a botella co fin de evitar que escape o aire. Ao botar a auga con máis caudal que o da boquilla, o aire que está dentro, queda atrapado, ocupa un lugar e impide o paso da auga.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Embudo máxico

ROBOT PINTOR.

A rapazada debe construir un robot pintor cos seguintes materias:

  • Vaso grande plástico 

  • Rotuladores

  • Motor eléctrico 

  • Batería eléctrica (pila)

  • Corcho ou aspa.

Tamén investigan sobre a pila e o seu inventor.

 

Observan a transformación de enerxía eléctrica en mecánica. 

 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Robot pintor
Distribuir contido


by Dr. Radut