Skip to Content

Club de Ciencia

Transformación sal

Deixamos uns grans de sal pechados durante un tempo para poder observar como despois se transformaban a estado líquido polo vapor da auga.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Transformación sal

Moeda invisible

Coñecemos o que é a refracción cunha moeda e un vaso de auga. Na primeira parte metemos a moeda nun vaso de auga e grazas a luz reflectida puidemos seguir vendo a moeda. Na segunda parte colocamos a moeda baixo o vaso con auga e a moeda desaparece porque non vemos a súa refracción.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Moeda invisible

Xogamos coas densidades

Empregando varios recipientes vertemos auga en todos eles con distintas cantidades de azucre, logo introducimos elementos (cravo, tapón cortiza, cacahuete...) para pescudar cales teñen máis densidade.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Xogamos coas densidades

Extracción clorofila

Con alcohol e un morteiro extraemos os pigmentos das follas dunha planta. Colocamos unha tira de papel poroso e puidemos analizar como os pigmentos da folla ían ascendendo pola folla e deixando ver distintas cores. Esta técnica coñécese como cromatografía.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Cromatización

Tinta invisible

Con zume de limón fixemos as nosas propias mensaxes ocultas para logo poder visibilizalas cunha fonte de calor.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Tinta invisible

Correntes térmicas

Con dous tarros de auga, un quente e outro frío, puidemos observar como a auga quente ascende e a fría queda abaixo. Isto permitiunos saber sobre as correntes térmicas e o funcionamento dos globos aerostáticos.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Correntes térmicas

Engrenaxes

Aprendemos como funciona un engrenaxe construíndo a nosa propia maqueta. Un disco que xira de forma horizontal arrastra a outro disco facendo que xire un boneco colocado sobre un escarvadentes vertical.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Engrenaxes

Polimerizando a neve

Grazas á Aula das Curuxas coñecemos o proceso químico da polimerización. Descubrimos a súa función grazas aos cueiros e tamén soubemos do seu uso nos traxes dos astronautas. Finalmente creamos neve para ver como se producía esta reacción química.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Polimerizando a neve

Disección dun ril

Nesta experiencia que realizamos coa Aula das Curuxas descubrimos a importancia de coidar os nosos riles. Tivemos a oportunidade de ver as diferenzas entre riles de distintos animais e diseccionamos un. Vimos as distintas partes e descubrimos as súas funcións.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Disección dun ril

Camiseta sistema dixestivo

Deseñamos unha camiseta do modelo do sistema dixestivo con feltro e a placa Makey Makey. Empregando Scratch creamos un programa para que cada un dos órganos do aparato dixestivo tivese un audio explicativo asociado. Cando o alumno tocaba un órgano na súa camiseta e cerraba o circuíto podíamos escoitar a función dese órgano no proceso da dixestión.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Camiseta sistema dixestivo
Distribuir contido


by Dr. Radut