Skip to Content

Introdución á robótica educativa

Introdución á robótica educativa

 

No curso 2017-2018 o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey solicita a participación no programa da Consellería “Introdución á robótica educativa en Educación Primaria” coa proposta de impartir esta materia como libre configuración en 4º de Educación Primaria.

 

Debido ao éxito entre o alumnado e a comunidade educativa durante este curso 2018-2019 decídese facer unha ampliación para impartir a materia tamén en 6º curso de Primaria.

 

Establécese como coordinadora deste programa de innovación educativa María Isabel Blanco Pumar, mestra especialista en lingua estranxeira con destino definitivo no centro e experiencia nesta temática.

 

O proxecto que se pretende levar a cabo ten como base a idea de que a robótica pode empregarse como ferramenta educativa transversal que mellore a aprendizaxe en tódalas áreas e niveis educativos, de maneira que ao mesmo tempo que se aprende a programar aplicacións e robots, se están adquirindo outras moitas habilidades e competencias.

 

A robótica axuda a desenrolar a tolerancia á frustración, na toma de decisión, no análise e solución de problemas e no traballo en equipo. A robótica estimula a creatividade, as habilidades de liderado, a autoestima e a seguridade nun mesmo.

 

 A robótica educativa implica que o alumnado constrúa, ensamble e poña en funcionamento os seus robots para resolver unha tarefa ou reto. Cos robots non só o alumnado estuda e aplica os coñecementos da aula senón que tamén representan o seu propio mundo adestrándose na ciencia e na tecnoloxía de forma lúdica.

 

O obxectivo primordial non é tanto ensinar e aprender conceptos tecnolóxicos de orde superior senón que a robótica se converta nun medio atractivo, útil e divertido para desenrolar un abano de competencias, destacando a creatividade, o xuízo crítico, o traballo en equipo e o emprendemento.

 

Code Week Outubro 2020

Durante o mes de outubro, como en anos anteriores, conmemoramos a Semana Europea de Programación (Code Week) con diversas actividades.

Aínda que facemos actividades de programación durante todo o curso escolar, en outubro cobran maior importancia por ser a data orixinal desta campaña.

Dende o equipo de biblioteca lanzouse unha proposta de pensamento computacional desenchufado sobre pixel art. O alumnado tivo que descubrir o debuxo oculto coloreando segundo o código. O debuxo estaba relacioa co PDI deste ano sobre as antigas civilizacións.

Celina, unha das titoras de 3 anos, tamén iniciou ao seu alumnado na programación empregando o robot Escornabot e o mouse.  Aprenderon a avanzar e retroceder co robot traballando recoñecemento de imaxes,  relacións, números e psicomotricidade fina (para realizar as  pulsacións no teclado do robot).

Con estes robots tamén traballaron o conto da “Cabaza cabaciña” e aprenderon as cores e as formas entre outras cousas.

En Educación Física, co mestre Moncho xogaron a unha versión robótica da Pita Cega (o robot cego). O robot cego movíase de acordo coa programación previa (se recibía un toque na espalda avanzaba, se recibía un toque no brazo dereito xiraba á dereita, no brazo esquerdo á esquerda.

Igualmente en distintas áreas e cursos coa mestra Nancy e a mestra Isabel  participaron no Code Week Dance Challenge. O alumnado tivo que aprender un baile robótico ao son da música da Oda da Alegría.

Dende a materia de libre configuración de robótica tamén se participou con diferentes actividades. O alumnado de sexto creou unha animación da Semana Europea da Programación en Scratch, con distintos efectos e música.  Tamén se traballou coa ferramenta Cody Color na que tiveron a oportunidade de xogar e divertirse nunha competición ou “batalla real”.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Code Week

Proxecto Robótica Coronavirus

Empregando a ferramenta Mblock 5 deberás deseñar a través de código unha pequena historia sobre o teu día a día durante o período de confinamento (a que hora te levantas, que fas durante a mañá, a que hora comes…, o que se che ocorra).

Podes facela directamente en liña se tes boa conexión de Internet ou descargar a ferramenta no teu ordenador ou dispositivo móbil. Fai un pouco cada día e non te esquezas de ir gardando os cambios ata que teñas a versión final.

Nesta ligazón podes traballar en liña:

https://ide.makeblock.com/#/

Aquí podes descargar o programa: 

https://www.mblock.cc/en-us/download/

Deberá incluír polo menos os seguintes aspectos. 

  • Varios obxectos / personaxes
  • Varios fondos
  • Diálogo respectando as quendas de palabra
  • Mostrar / ocultar (que aparezan ou desapareza personaxes ou obxectos)
  • Desprazamento dun personaxe ou obxecto)
  • Algún son
Todo isto foi xa traballado durante o primeiro trimestre e deberíamos saber facelo, non se engade ningún aspecto novo.

Semana Europea da Programación 2019

De novo este curso participamos con varias actividades na Semana Europea da Programación.

En primeiro lugar decidimos desenvolver un proxecto colaborativo a través de Etwinning con centros de Malta, Portugal e España. O obxectivo, ademais de empregar a lingua estranxeira, é intercambiar alfombrillas didácticas sobre temas culturais para o seu emprego co Escornabot.  Desta maneira o alumnado pode xogar cos robots ao mesmo tempo que descubre información sobre outros países.

Co alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria elaboramos historias empregando a aplicación Makeblock 5. Incluímos audio, distintos fondos e obxectos, diálogo e movemento.

Co mesmo alumnado tamén fixemos un videoxogo onde un depredador tiña que cazar unha présa. O alumnado  de 6º que xa ten un maior dominio da ferramenta atrevéronse a melloralo incluíndo distintos niveis nos que a presa aumentaba a velocidade ou diminuía de tamaño, cambiábanse os fondos e os personaxes.

Finalmente a última actividade que desenvolvemos dentro da Semana Europea da Programación é a realización de tarxetas de Nadal coa ferramenta Makeblock 5. O alumnado de 6º curso deseña o seu propio boneco de neve cun fondo para felicitar as festas. Aproveitamos para traballar a creación de clons para facer o efecto dos copos de neve caendo.

Code Week (Semana Europea da Programación)

Co motivo da conmemoración da Semana Europea da Programación, a mestra de Robótica, nomeada Leader Teacher pola European Schoolnet , promoveu e organizou diversas actividades para incentivar o uso e aprendizaxe da robótica e a programación co profesorado e co alumnado.

En relación ao profesorado realizouse unha curta charla informativa na que se lle facilitaron recursos e posibilidades para traballar  con aplicacións en liña, apps para tablets, programas descargables e tamén actividades “desenchufadas”.

Co alumnado traballamos con ferramentas como Mblock, aplicacións en liña de Minecraft e Blockly games e o xogo de cartas de CodyRoby.

Enmarcada dentro desta actividade, o venres 19 de outubro tivemos a oportunidade de contar con Naír Carrera, unha pedagoga con sede en Bruselas, que traballa na European Schoolnet, un organismo da Unión Europea que aglutina distintos Ministerios de Educación e que se ocupa de incentivar as vocacións STEM e a competencia dixital entre o profesorado.

Naír Carrera impartiu unha charla de carácter informal co alumnado explicándolle o seu traballo e a importancia da programación para as profesións futuras. Posteriormente participou nun obradoiro na biblioteca do centro onde o alumnado de 5º curso traballou actividades de programación en distintos recunchos.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Semana Europea da Programación

Recursos para a Semana Europea da Programación

Robótica en 4º de Primaria

Distribuir contido


by Dr. Radut