AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA


 

BO VERÁN!

Queridos nenos e nenas:

Rematou este curso tan atípico e diferente.  Houbo moitas cousas que non puidemos facer: excursión,  talleres, experiencias, a festa de convivencia,  a graduación de 5 años,... Tivemos que deixar de vernos e aprender a comunicarnos doutro xeito pero queremos pensar que o vindeiro curso comenzaremos  con maior ilusion e voltemos a estar xuntos.

 Grazas polo gran esforzo para traballar dende a casa, a papá  e mamá pola súa axuda , grazas polo voso cariño, polos vosos sorrisos e a vosa enerxia.

Bo verán para todos! Vémonos en Setembro! Bicos.


 

MANUALIDADES CON DISTINTOS MATERIAIS

E para rematar o curso os nenos e nenas de 3 anos amosannos  a súa creatividade con estas preciosas manualidades con distintos materiais.Bravo nenos e nenas fixestelo xenial, e esforzastesvos moito.Noraboa a tod@s.

 
 
Álbum: curso 2019/2020 -> MANUALIDADES CON DISTINTOS MATERIAIS DE 3 ANOS

SEMANA DO 8 AO 14 DE XUÑO


 

XILÓFONOS DE VASOS

 Esta semana a profe Elena propuxo de novo elaborar un sinxelo instrumento musical caseiro: un xilófono de vasos. E así de chulísimos foi como quedaron...

Álbum: curso 2019/2020 -> XILOFONO DE VASOS

MANUALIDADES CON FOLLAS

As profes de 3 anos propuxeronlle está semana os seus nenos e nenas facer un traballiño con follas.Aqui podes ver unha exposición das suas obras de arte.Os pequechos do cole son unhes auténticos artistas.

Álbum: curso 2019/2020 -> MANUALIDADES CON FOLLAS

MANUALIDADES CON MATERIAL RECICLADO

Esta semana, aos  nenos e nenas de 5 anos, Maria José e Celi prouxemosvos un facer manualidades con materiais de reciclaxe como con cartóns de leite,vasos de iogures, tapóns, botellas, caixas baleiras de conservas., de queixiños... E aqui estan as vosas creativas e espectaculares creación!! Sodes uns e unhas artistas!!

Álbum: curso 2019/2020 -> MANUALIDADES CON MATERIAL RECICLADO

SEMANA DO 1 AO 7 DE XUÑO


 

PINTURA CON GARFOS

Os nenos e nenas de 3 anos pintaron con garfos e quedaron unhas creacións espectaculares. Sodes uns e unhas gandes artistas!!

Álbum: curso 2019/2020 -> PINTURA CON GARFOS

ACTIVIDADES DE COCIÑA

Esta semana, as profes de 5 anos Maria José e Celi, propuxémosvos facer correr a vosa imaxinación e elaborar diversas actividades: elaborar un trampantojo, unha merenda saudable, facer figuras con froitas e un bodegón ou  collage. 

E estas son as vosas orixinais e espectaculares creacións! Encantánnos!! 

Álbum: curso 2019/2020 -> ACTIVIDADES COCIÑA

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Cancións

Xogos