VISITA INESPERADA

Hoxe visitaron as aulas de 4 e 5 anos dous amigos londinenses que viñeron a tomar un té con nós xa que saben que estamos traballando o Reino Unido da man de Willy Fog e contáronos experiencias,  vivencias, curiosidades e ensináronnos monumentos da súa terra. Foi moi agradable telos ao  noso carón. 

 

A VOLTA AO MUNDO DOS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos comenzamos en Setembro a dar a Volta ao Mundo da man de Willy Fog. A nosa aventura empezou en Pereiro de Aguiar e dende ahí imos percorrer o mundo.

Nada mellor que coñecer a Julio Verne, o autor do libro A volta ao mundo en 80 días. El visitounos,  ensinounos os instrumentos dun escritor, os seus libros e contounos datos moi interesantes da cidade na que naceu: Nantes (Francia).


 

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Xogos