CHEGAMOS A EXIPTO

Coñecemos Exigto, os dioses, as pirámides, os sarcófagos, os xeroglíficos, ... e tivemos a sorte de que nos visitase Cleopatra e o dios Anubis.

Chegaron cargados de agasallos: crema de algarroba para que probásemos e uns preciosos marcapáxinas de Cleopatra. Unha grata sorpresa que nos encantou. Quedamos abraiados. 

 

TEMOS PUZZLES NOVOS DA VOLTA AO MUNDO

Xa podemos xogar con puzzles novos!! Son de Willy Fog e os seus amigos Romi, Tiko e Rigodón.

 

 

AS PORTAS DAS NOSAS CLASES

Os nenos e nenas estiveron deocorando as portas das nosas clases cos perosaxes de Willy Fog en diferentes medios de transporte. Deixaron unhas portas super vistosas e espectaculares!!


 

BOLAS DO MUNDO NAVIDEÑAS

O alumnado de 4 anos en colaboración coas familias decoraron con diferentes materiais ( purpurina, porex, goma eva, ...) unhas preciosas bolas do mundo navideñas, basadas no noso proxecto. Quedaron moi orixinais. Grazas pola colaboracion.

 

 

VISITA DE ISABELLA

A nosa amiga Isabella achegouse dende Venecia para axudarnos a coñecer máis e mellor Italia. Tróuxonos unha gran variedade de fotos e mais uns riquísimos pannettones da súa terra. Veu vestida co traxe típico veneciano e falounos en italiano.

 

MANUALIDADES DE ITALIA

Williy Fog sigue coa sua viaxe percorrendo o mundo. Chega a Brindisi, e nós facemos extensible o noso coñecemento a Italia. Realizamos manualidades dos tres monumentos máis destacados: Coliseo de Roma, Torre de Pisa e as características Góndolas de Venecia ca Ponte de Rialto.

MANUALIDADES DE FRANCIA

Realizamos manualidades de tres monumentos destacados de Paris cunha gran variedade de materiais: macarróns, pinchos morunos, pezas de puzzles, ...

 

 

MANUALIDADES DE LONDRES

Fixemos manualidades sobre Londres, despois de coñecer e traballar o Reino Unido: a súa bandeira, o Garda Real, o Big Ben...

 

 

E ... CHEGOU A NOSA AMIGA FRANCESA

Claire, unha boa amiga francesa, chegou ao Pereiro cargada cunha bandexa de  deliciosos croissant franceses da súa panaderia na avenue Champs-Élysées para que os probáramos. Contounos as súas vivencias en Francia, ensinounos fotos dos monumentos máis importantes de Paris e comentounos o seu día a día. 

 

LADYBUG Y CATNOIR CHEGARON AO BEN-CHO-SHEY

Tivemos a visita de Cat Noir e Ladybug recién chegados de Paris para mostrarnos os monumentos, tradicións e costumes de Francia. Estes superheroes ensinaronnos moitas cousas, aprendemos moito e pasamolo moi ben con eles. Grazas pola vosa visita as nosas aulas.

 

 

 

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Xogos