OS PEQUES DO BENCHO BAILAN POLO GALEGO

Os nenos e nenas de Infantil celebraron o dia das Letras Galegas dende as súas casa..... bailando!! E como poderedes ver están feit@s uns artistas...


 

SEMANA DO 25 AO 31 DE MAIO


 

MANUALIDADES DIA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana propuxemosvos facer  algunha manualidade relacionada co conto "As pitas baixo a choiva" do autor homenaxeado este ano: Ricardo Carballo Calero. E estas son as vosas maravillosas creacións. Encantáronos!!! 

Álbum: curso 2019/2020 -> MANUALIDADES LETRAS GALEGAS

MANUALIDADES CON UTENSILIOS DE COCIÑA

A semana pasada propuxémoslle ao alumnado de 5 anos  facer manualidades con culleres, vasos, garfos que podian ser estampacións, creacións artisticas,... E sorprendéstenos con estes traballos. Quedaron espectaculares!

Álbum: curso 2019/2020 -> MANUALIDADES CON UTENSILIOS DA CONCIÑA

SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO

O traballo desta  semana centrámolo  na figura de Ricardo Carballo Calero e na súa obra "As pitas baixo a choiva". Atoparedes nos enlaces a proposta para cada idade asi como psicomotricidade, relixión, música e inglés(só para 5 anos). FELIZ DIA DAS LETRAS GALEGAS!


 

DIA DA FAMILIA

Como este ano é atipico, queremos dende a casa darvos as grazas por formar parte da Nosa Comunidade Educativa, por saber combinar o voso traballo coa aprendizaxe a distancia, por derrochar imaxinación, arte e disponibilidade. Grazas e Feliz dia!

 

Álbum: curso 2019/2020 -> DIA DA FAMILIA

SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO

Ola peques e familias: Como o venres é o voso día,  o dia da familia e non podemos celebralo  no cole, propomosvos facer  un traballo   onde  a través dun debuxo representedes a vosa familia e fagades unha manualidade  tipo da que vos deixamos a continuación : https://www.pinterest.es/pin/211317407499094693/

Enviadenola o correo das titoras. Estamos desexando vela. Grazas. Feliz dia.

Atopades as actividades desta semana clicando  enriba da idade e/ou materia.

 


 

ESTAMPAMOS CON VEXETAIS!!

Con distintos vexetais crearon fantásticas composicións orixinais respondendo a nosa proposta semanal. Moitas grazas! Sodes estupendos!

O álbum elixido (aid = 111) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

TRANSFORMAMOS OS VEXETAIS..... E CREAMOS!

Esta semana faciamosvos a proposta de deixar voar a vosa imaxinación e   transformar as verduras en diferentes personaxes. E chegaron ideas fantásticas que podedes ver nas fotos. Gustanvos? A nós encántannos!

Álbum: curso 2019/2020 -> VEXETAIS

AS NOSAS MARACAS

Xa estan chegando as maracas que fixechestes na casa como proposta de actividade da profe Elena. Encantanos!. Esperamos que o pasedes moi ben acompañando as cancións coas maracas! 

Álbum: curso 2019/2020 -> MARACAS

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Xogos