Skip to Content

Samain

SAMAÍN NO BENCHO 2022

SAMAÍN NO BENCHO

Hoxe disfrutamos moito coa celebración do SAMAÍN no cole, neste vídeo facemos un pequeno resumo, esperamos que vos guste....

O LIBRO DOS MONSTROS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, aquí vos deixamos o " Libro Dos Monstros".

Cada clase elaborou un terrorífico monstro cun poder para protexer ó medio ambiente.

A ORIXE CELTA DO SAMHAIN.

Benchosaúdos.

O venres celebramos no centro o SAMAÍN , dun xeito distinto a outras veces  , xa sabedes... 

O alumnado fixo  actividades de todo tipo e resultou un día diferente con moito traballo e  moita diversión tamén.

Nesta entrada deixamos un vídeo no que os nenos e nenas  de segundo de primaria nos contan a orixe celta da festa do Samaín. 

A disfrutar!!!

Samaín

O Samaín xa case está aquí!. Como todos os anos convidámosvos a participar nesta festa coa elaboración das terroríficas cabazas que tanto gustan. Este ano non se poden traer físicamente ao centro pero sí que vos pedimos que enviedes unha foto da cabaza para facer unha montaxe e colgala na páxina web do cole. 

O correo electrónico ao que tedes que mandar a foto é o seguinte:  actividades@ceipbenchoshey.com
Recordade mandar a foto co nome do alumno/a e o curso no "asunto" da mensaxe. Tedes ata o 26 de outubro para envialas.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!

 

SAMAÍN 2019/2020

Hoxe celebramos no cole o día do Samaín, os nenos/as foron pasando ao longo da mañá por diferentes talleres: carautas, marcapáxinas, manualidades, xogos, justdance,cortos de medo, cancións, contos e aula do terror . Aquí vos deixamos un breve resumo deste día tan terrorífico e divertido:

 

Álbum: curso 2019/2020 -> Samaín

SAMAÍN NO BENCHO

Distribuir contido


by Dr. Radut