MANUALIDADES EN FAMILIA

Deixovos para estes días unhas mandalas por si queredes colorear cos vosos fillos/as. e unha proposta de manualidades para pasalo ben en famiia. 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

RECOMENDACIÓNS DE EDUCACIÓN.  INFANTIL

 

Estimadas familias:

Ante a extraordinaria situación que estamos tendo, as mestras de educación infantil propoñemos as seguintes suxerencias de actividades para que os nenos e nenas poidan realizar nestes dias:

- Actividades de psicomotricidade fina: rasgar papel, cortar con tixoiras, boliñas de papel, plastilina,...

- Debuxo libre e manualidades empregando diferentes materiais.

Crebacabezas e xogos de mesa

Xogos de linguaxe: como "veo veo", "tres en raia", palabras encadeadas, dominó, invención de historias,...

-Traballar destrezas motrices: abrir e cerrar cremalleiras, botellas,... Atar cordóns, abotoar prendas,...

-Cantar, bailar, xogar, contar contos, escribir

 

5 ANOS:

-Lectura e comprensión de frases

-Realización de sumas e restas

- Contar os números, clasificar obxetos, realizar clasificacións,...

- Traballar destrezas motrices: abrir e cerrar cremalleiras, botellas,... Atar cordóns, abotoar prendas,...

- Escaleira de números cara adiante e cara atrás,...

 

https://quecamandiles.com/blog/rincon-de-la-tecnologia

 

Desexando que esta situación mellore o antes posible, agardamos que sexan uns dias cargados de bos momentos.

 

Nós agardámosvos á volta!

 

 

TALLERES DE COCIÑA

Somos cociñeiros!! e elebaoramos unhas ricas galletas da paz con manequilla, fariña, ovos,... e fixeos un ourizo  san con pera e uvas. 

 

Álbum: curso 2019/2020 -> Os chefs de Infantil

O DIA DA PAZ

O equipo  de infantil elaborou una sopiña  da paz de acordo o proxeto q estamos traballando, fixemos unhas pombas da paz cunhas culleres recicladas e participamos  no rosco do Centro. 

Álbum: curso 2019/2020 -> O dia da paz en Infantil

AS ENFERMEIRAS DO CHUO VIÑERON AO COLEXIO

Eva e Maite, dúas enfermeiras do CHUO e nais de Hugo González e Teo López contaronnos en que consiste o seu traballo tanto cos nenos sans como cos nenos enfermos; pesaronnos, medironnos, miraronnos a febre , fixeronnos curas e falaronnos da importancia do exercicio fisico e dunha alimentación san. 

Moitas grazas Maite e Eva. Pasámolo xenial e aprendemos moito. 

Álbum: curso 2019/2020 -> VISITA DE DOS ENFERMERAS

VISITA DO DOCTOR CARLOS

O doctor Carlos Izquierdo, avó de Hugo e Unai Parro repasounos todas as partes do noso corpo e falounos da importancia de cada un dos aparatos, así como dos coidados que precisan. Moitas grazas por compartir os teus coñecementos con nós. 

Álbum: curso 2019/2020 -> DOCTOR CARLOS

PASOU CONSULTA .... O DOCTOR DANIEL DÍAZ

O Doctor Daniel Díaz fixonos unha visita moi divertida ao alumnado de 5 anos; a aula convertiuse nunha consulta. atendeu as súas doenzas de fémur, esternocleidomastoideo, cráneo, intestino, ... tamén nos ensinou os seus instrumentos de uso habitual: fonendoscopio, otoscopio, tensiómetro, oftalmoscopio, electrocardiograma portátil,... deixounos tocalos e probalos e deunos unha receta para as nosas doenzas do "CENTRO DE SAUDE BENCHO". Pasámolo moi ben. Grazas.

Álbum: curso 2019/2020 -> DOCTOR DANIEL

VISITA DOS NENOS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos/as de 5 anos compartiron todo o que aprenderon dos osos e dos muscúlos co alumnado de 2º de E.P e as súas titoras Pepa e María. Grazas por deixarnos ser os vosos mentores. Fixonos moita ilusión. 

Álbum: curso 2019/2020 -> VISITA NIÑOS DE SEGUNDO

Que ilusión... subimos a unha ambulancia

Luis e Marivi da Cruz Vermella achegaronse ao colexio para compartir unha experiencia inolvidable cos nenos e nenas de 5 anos, xa que estamos traballando o proxecto de O noso corpo. Ensinaronne a realizar unha RCP, como actuar ante un atragantamento, como inmovilizar a un ferido, como vendar unha ferida na cabeza e o mellor de todo deixaronnos subir á ambulancia. Puxemos a sirena, deitamonos na camilla, puxeronnos a mascarilla, ... foi moi divertido. Moitas grazas a Cruz Vermella pola súa visita.

Álbum: curso 2019/2020 -> ambulancia

VISITOUNOS UNHA AMIGA MOI ESPECIAL DO RATIÑO PÉREZ

Paula visitounos como mensaxeira do Ratiño Pérez para contarnos a importancia da hixiene bucodental, dunha alimentacion sana para manter fortes e sans os nosos dentes,  para falarnos dos dentes: nome, número, ... , para agasallarnos coas aventuras do Ratiño Perez e facernos entrega duns cepillos, diplomas,... Grazas por compartir todo o que sabes e transmitirnos a túa amizade con Ratiño. Pasamolo xenial.

Álbum: curso 2019/2020 -> VISITA DENTISTA

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Xogos