SAIDA AO AUDITORIO E AOS BOMBEIROS

Os alumnos de 3, 4 e 5 anos asistimos o  luns a unha visita ao auditorio a ver unha obra de teatro chamada "Guyi Guyi" e aos bombeiros do Poligono. Encantounos a visita. Moitas grazas! 

 

 

yoga

XAPÓN

 
Dende China seguimos viaxando polo mundo e desta vez en globo aerostático deica Xapón para coñecer a súa cultura, á súa comida, costumes, ...
Coñecemos o templo de Nikko, os sumos, os bonsais, os cereixos en flor,  o monte Fuji, os maneki-neko, as kokeshis, ... e tivemos a sorte de que a profe Pepa ten unha amiga xaponesa que veu a visitarnos ao cole.
Ainoko Sharu trouxonos dorayakis que estaban riquísimos. Encantounos o seu traxe, o guapa que era, escoitar falar en xaponés, e a súa visita. 
 

PREMIO

 
Os nenos e nenas de Educación Infantil participamos no concurso do VI Premio do Estatuto de Autonomía que tiña de lema: Os nosos concellos: a casa de todos" e... dúas alumnas resultaron premiadas:
- Sira Beltran de 3 anos 
- Ana Carballeira de 4 anos. 
A entrega de premios foi o sábado día 6 de abril no Teatro Principal de Ourense.
E tamen nos deron un diploma ao Centro por participar no certamen. 

 

DIRIXÍMONOS A CHINA

Xa rematamos a nosa estancia na India e co noso pasaporte listo diriximonos cara China. Un mundo de cor de dragóns, pagodas, cometas, ... nos agarda. Elaboramos manualidades e co dragón desfilamos o día de Entroido

Tivemos a sorte de que nos visitase Andrea a ex teacher e Claudia Liu Yang que nos contaron un montón de cousas do seu pais e degustamos galletas, pan de gambas, barras de cereais, pipas de China e como non,  sellounos o pasaporte. 

Aproveitando que o Entroido coincidia coa nosa "estancia" na China os nenos e nenas de 4 anos disfrazamonos de chinos, divertimonos moito e pasamos unha boa mañá chea de maxia e color. 

ACTIVIDADES NA CLASE

 
Todo xira en torno á Volta ao Mundo e nalguns momentos de xogo libre fan as bandeiras coas pezas de construcción, ven libros da biblioteca de aula. pintan os murais, ... 
 

APORTACIONS DAS FAMILIAS

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos en colaboración coas súas familias colaboran no proxecto: A Volta ao Mundo achegándonos manualidades elaborados por eles e materiais diversos como libros, imaxes, traxes ... que enriquecen a nosa exposición polo Centro 
 
 

 

MANUALIDADES DA INDIA

Fixemos unha maqueta do Taj-Mahal e uns elefantes de Jaipur

 

BUSCAMOS A PAZ POLO MUNDO

Para conmemorar o dia da paz, coñecemos a figura de Ghandi, como personaxe da India. Tamen elaboramos unha bola do mundo na que estamos todos ao seu redor. Ese mural completouse coas estrelas de 3 anos. 

 

 

VIAXAMOS CARA A INDIA

Willy fog prosigue a súa viaxe e nós con él. tócanos descubrir a India, o país dos mil colores e culturas.  Enamorámonos da India e coñecemos o Taj mahal, unha joya que foi construído polo emperador Shah Jahan  na memoria da súa esposa Mumtaz Mahal.

O dia 30 aprendemos o saúdo Namasté ( eu te respeto) e fixemos ioga coa profe: Angélica e a nosa profe Nancy . Elas ensináronsos  a postura da volvoreta, da aguia, do camelo, a respiracion da abella, a tartaruga, a rá, a árbore, a cobra,... e nos regalaron un bindi. Foi moi divertido.

 

 

Visitounos Sunaina Kapu vestida con sari, regalounos unha pulseras da amizade para cada un (rakhi) e trouxo mango lassi para que probásemos. Encantounos coñecela e achegarnos á India. 

 

 

 

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Xogos