Skip to Content

Igualdade

11 FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 

 

BIBLIOTECA : TEMA DO MES

O equipo de biblioteca cada mes prepara unha exposición de libros segundo a temática de dito mes. En marzo, o Día da muller é o protagonista das nosas recomendacións lectoras.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO BEN CHO SHEY

 


DÍA DA MULLER: ILUSTRADORAS

Continuando coas celebracións do Día Internacional da Muller , o Equipo de Biblioteca organizou e coordinou a actividade ILUSTRADORAS. Con este tema a actividade está relacionada co Proxecto Documental Integrado deste curso "A BANDA DESEÑADA".

O alumnado escolleu as ilustradoras máis salientables facendo un traballo de investigación con estes resultados...

Álbum: CURSO 23-24 -> ILUSTRADORAS DÍA DA MULLER 24

TEATRO IGUALDADE

Outra das actividades realizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller foi o TEATRO DE IGUALDADE.

A actriz e escritora Raquel Queizás escenificou a obra SOMOS IGUAIS  e o conto "Artur e Clementina" para 1º, 2º, 3º de primaria e para os máis maiores " CONTOS POLA IGUALDADE NA TÚA MAN".

Álbum: CURSO 23-24 -> TEATRO IGUALDADE

PHOTOCALL CIM DÍA DA MULLER

Co motivo da celebración do Día internacional da Muller o CIM do Concello do Pereiro( Centro de Información á Muller) cedeu ao colexio un photocall e .....ollade!!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> PHOTOCALL CIM 2024

PHOTOMONTAGE TO BREAK GENDER STEREOTYPES

Este mes, os estudantes de 5A/5B completaron un proxecto asombroso para romper cos estereotipos de xénero a través do poder da fotomontaxe. No seu traballo "Photomontage to Break Gender Stereotypes", estes novos artistas combinaron as súas propias fotografías con imaxes da internet, mostrándose  realizando actividades e traballos tradicionalmente asociadas co xénero oposto. Desde nenas que traballan como mecánicas ata nenos que usan saias, as fotomontaxes representan un mundo onde cada neno é libre de perseguir as súas paixóns sen expectativas sociais. Mentres celebramos o 8M, o Día Internacional da Muller, estes estudantes lémbrannos que a verdadeira igualdade de xénero significa empoderar a todos para que sigan os seus soños, independentemente do xénero.

This month, the students of 5A/5B completed an amazing project to break gender stereotypes through the power of photomontage. In their work "Photomontage to Break Gender Stereotypes," these young artists combined their own photos with images from the internet, showcasing themselves engaging in activities and careers traditionally associated with the opposite gender. From girls working as mechanics to boys wearing skirts, the photomontages depicted a world where every child is free to pursue their passions without societal expectations. As we celebrate 8M, International Women’s Day, these students remind us that true gender equality means empowering everyone to follow their dreams, regardless of gender.

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DA MULLER (INGLÉS)

A MULLER E A NENA NA CIENCIA 2024

Bo día.

O día 11 de febreiro está adicado A Muller e a nena na Ciencia e neste curso o alumnado estivo facendo un traballo de investigación de científicas destacadas ao longo da historia.

O produto final está exposto no corredor de saída do colexio e todos/as coñecemos algo máis das mulleres na ciencia.

Bravo por os/as investigadoras/res do Benchoshey!!!!

Álbum: STEAM 23-24 -> A MULLER E A NENA NA CIENCIA 2024

CHARLAS PLAN DIRECTOR

Hoxe, venres 1 de decembro , o alumnado de quinto e sexto de primaria disfrutou dunhas interesantes conferencias enmarcadas no Proxecto Plan Director da Garda Civil. Tratáronse temas que preocupan a comunidade educativa como o acoso escolar ou a violencia de xénero.

A rapazallada estivo moi atenta ás explicacións de Vanesa e Javier e moi participativa facendo preguntas moi atraintes.

Deixamos unhas fotiños.

Álbum: CURSO 23-24 -> PLAN DIRECTOR

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25N

Un ano máis celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25N. Nesta ocasión o lema era " As nenas voan alto".

Ollade un  resumo da actividade neste pequeno vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut