SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO

Ola peques, esta semana imos a proporvos varias actividades superdivertidas:

1.- Xogades con nós as adiviñas. deixamosvos un enlace onde atoparedes adiviñas de verduras e outros alimentos.https://www.youtube.com/watch?v=UJxrezS4vzM . Acertastelas todas??

2.- Transformar as verduras en diferentes personaxes deixando voar a vosa imaxinación: pelos cos raices dos allos e das cebolas, ollos co rabo dos amorodos, nariz de cenoria ... todo con vexetais que atopedes pola casa. Mandainos as vosas fantásticas creacións ao correo das titoras dos vosos fillos/as. Estamos desexando velas.

3. A proposta de cada aula asi como inglés para 5 anos, xa que para 3 e 4 atoparadela na aula virtual coma sempre, psicomotricidade e música , aparece clicando no curso correspondente. 

Todas as actividades podedes envialas aos correos das titoras: 

MARTA: martabencho@gmail.com

ANA: atoparedes información no Abalar

PAULA: paulafungueiro@edu.xunta.es

M JOSÉ E CELI: benchoinfantil@gmail.com 

 


 

OS NOSOS ESXPERIMENTOS

Os nosos nenos de Infantil son uns grandes cientificos. Aqui os deixamos as mostras de Antia, Alba, Hugo, Unai, Lucas e de André 

Álbum: curso 2019/2020 -> EXPERIMENTOS

O NOSO RETO: PLANTAMOS

Esta semana propuxemosvos un reto: plantar lentellas, garabanzos,....  e ver como xerminaban.  Xa nos chegaron as primeiras plantacións!!
Álbum: curso 2019/2020 -> O NOSO RETO: PLANTAMOS

AS NOSAS BOLBORETAS

Con distintos materiais os artistas de Infantil fixeron as súas bolboretas. Quedaron chulisisimas!! Encántanos!! 

Álbum: curso 2019/2020 -> AS NOSAS BOLBORETAS

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 26 AO 30 DE ABRIL

Ola a todos. Como estades? Para a semana do 26 ao 30 de abril propoñemosvos: 

  • Facer un experiemento: o leite máxico. Podedes velo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=uX491NECXgQ. Animadevos, é moi divertido!! E podedes mandar foto de todo ao correo que puxemos a semana pasada dependendo da idade do voso fillo/a e contarnos a vosa experiencia. 
  • Que tal se probades o seguinte reto? Plantar unha faba, garavanzo, lentella,... e ver como vai medrando esa plantiña Mandainos foto ao correo. 
  • Apetecevos coñecer a Susa Herrera e facerlle unhas preguntiñas? Susa é a autora de fermosas cancións recopiladas no albúm "En Cabárceno se oye cantar" e tamén de cantigas tan coñecidas como "Casemiro o elefante", "A cor do oso polar", "O polo Pepe" entre outras. Se buscades en Google atoparedes moitas máis. Mandainos un audio cantando unha canción dela, facendolle algunha pregunta que logo ela nos responderá e con todo esto montaremos un  programa de radio dos nenos de Infantil e Susa Herrera. Faceinos chegar os vosos audios antes do dia 3 de maio.  
  • Clicando nos seguinte enlaces tedes a proposta semanal para 3,4 e 5 anos, psicomotricidade, relixión e música. 

Esperamos que o pasedes moi ben e xa queda menos para vernos. Bicos.


 

DIA DO LIBRO

Hoxe é o dia do libro e para celebralo, que vos parece facer unha gymkhana e unhos xogos cuns contos moi chulos? Animadevos!!

GIFS HERMOSOS: cosas lindas encontrdas en la web | Producción ...

OS NOSOS CHEFS DE INFANTIL

Estades feitos uns grandes chefs de cociña! Encantanos ver as vosas receitas. Que ganas de facer unha merendola coas vosas propostas. 

Álbum: curso 2019/2020 -> AS RECETAS DOS CHEFS DE INFANTIL

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 3,4 E 5 ANOS

Pinchade na idade do vosos fillo/a e atoparedes a proposta de actividades desta semana. Para contactar coas titoras podedes facelo a través do correo ou do Abalar. Responderemos con moito agrado as vosas dubidas, inquietudes e todo aquilo que nos queirades enviar. Un saudo

As titoras

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola a todos e todas. Que tal estades? Imos facervos unha proposta de actividades para a semana do 20 ao 24 de abril.

- Gustavos xogar, verdade? Aquí vos queda un video de xogos moi divertidos que podedes facer na casa coa vosa familia. Solo tedes que clicar no enlace: https://youtu.be/AtKtUKbrnkw

- Podedes imitar cuadros de arte a partir de cousas que teñades pola casa. Podedes recrear obras de Picasso, Frida Kahlo,... e convertir as vosas recreacións nun museo. Mandadenos unha foto ao correo benchoinfantil@gmail.com e subiremolas ao blog. Nos documentos adxuntos podedes atopar algúns exemplos. Seguro que nos sorprendedes!

- Esta semana podemos aprender esta canción tan chula que esta relacionada co proxecto da alimentación:  https://www.youtube.com/watch?v=mhXxaHD208Y. Podedes mandarnos un video cantandoa, bailandoa,... ao correo que puxemos na actividade anterior. 

- Verdade que vos gustan os contos? Pois nós  propomosvos  "A eiruga larpeira" que podedes escoitar neste enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=EmlzeqUBjGg&t=52s. Gustouvos, verdade? Que vos parece facer a manualidade dunha bolboreta? Xa que estamos na primavera.... Neste enlace veredes ideas, pero como sodes moi creativos segurisisismo que facedes unhas bolboretas preciosisimas!! https://www.pequeocio.com/7-manualidades-ninos-mariposas/

Tamen nos podedes mandar as vosas fotos desas fermosas bolboretas ao correo de Infantil. 

Un bico. Esperamos que o pasedes moi ben e extrañamosvos moito. Estamos desexando vervos!

XA ESTAMOS AQUI PARA PASALO BEN CUN MONTÓN DE PROPOSTAS!

Ola peques e familias. Que tal estades?  Despois desta Semana Santa tan diferente tócanos volver ao cole ainda que sexa a distancia pero nós, as profes, sentimonos moi preto de vos, ao voso carón. Temos moitas ganas de vervos pero mentres non é posible invitámosvos a divertirvos coas nosas propostas. 

1. Podedes ver, escoitar e disfrutar con esta sección de contos super chulos que atoparedes neste enlace:   http://kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=33 

2. Qué vos parece bailar e aprender esta canción? É moi divertida! Animádevos!!!

https://www.youtube.com/watch?v=oMmcstVxFoI&feature=youtu.be

 3. Tamén vos traemos un orixinal experimento caseiro que podedes realizar. Seguro que ides a sorprendervos!

https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=b2Iv_jp9PZQ&feature=emb_title

4. E non vos esquezades se facedes algunha receta na casa ( postre, merenda, comida,...) de mandarnos algunha  foto xunto coa receta e subirémola ao blog. Fainos moita ilusión. O enderezo para  mandala é benchoinfantil@gmail.com . Xa temos algunhas

5.- A profe de relixión, Fátima, proponvos elaborar en familia unhas recetas de Pascua. Podedes velas nos seguintes enlaces e compartilas no correo arriba indicado. Esta actividade coma todas é voluntaria. Un bico enorme da vosa profe Fátima

https://saposyprincesas.elmundo.es/recetas/dulces/recetas-divertidas-para-celebrar-la-pascua/

 
                                                                    5 ANOS

As profes de 5 anos propnvos para repasar de xeito voluntario as seguintes actividades da letra " G" que atoparedes no ficheiro adxunto. 

Queremosvos moito e moi pronto voltaremos a vernos. 

Bicos

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Xogos