Skip to Content

Entroido

ENTROIDO NO BENCHO 2024

Bo día,

Un ano máis a festa do entroido é un dos eventos super agardado por todas/os.

Deixamos unha escolma de fotos desa semana incluíndo as ordes do meco e os xogos de patio : as olas e o baile.

Non choredes que en nada estamos argallando mascaradas!!!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> ENTROIDO 24

DESFILES DE ENTROIDO

Bo día,

A comunidade educativa do CEIP BEN CHO SHEY síntese moi orgullosa da participación da comparsa da ANPA "O AFASTADO DO BEN CHO SHEY" nos diferentes  desfiles de Entroido, GAÑANDO O 1º PREMIO NA CATEGORÍA DE ANIMACIÓN no concello de OURENSE.

PARABÉNS!!!!!

 

 

 

SORTEO ENTROIDO

Chegou o ENTROIDO!!!!!!

E como xa é tradición sorteamos uns produtos da terra para disfrutar dun cocido espectacular.

O número agraciado foi 1714.

Parabéns!!!!

A disfrutalo!!!!

 

 

ORDES DO MECO

Bo día,

Si,si,si.....o Entroido xa está aquí!!!!!

Os primeiros pasos desta festa serán as ordes do meco.

Comezamos a vindeira semana.

Estade ben atentos aos mecos . Eles son os que mandan!!!!

PREME NA IMAXE PARA VER AS ORDES DE TODA A SEMANA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2023

Bo día.

Deixamos un resumo fotográfico do que foi a festa do entroido: mandatos do meco, xogo das olas, desfile...

O vindeiro ano moito máis....

Unha aperta.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> ENTROIDO 2023

ORDES DO MECO

Bo día familias,

Comeza o ENTROIDO !!!!!  e para iniciar con forza as actividades deixamos aquí AS ORDES DO MECO e que ninguén se esqueza!!!!!

A disfrutar !!!!

 

 

ENTROIDO 2020-21

O Entroido xa chegou! E dende o Equipo de Actividades Extraescolares organizouse a celebración desta festividade para todo o centro.

A continuación tedes unha pequena mostra de como o vivimos entre todos. Espero que vos guste!   

ENTROIDO NO BENCHO

Este ano o entroido no Bencho estivo enfocado a recuperar o tradicional , o entroido da diversión ,evitando o consumismo e alimentando a creatividade e imaxinación de cada un. Fomos de choqueiros e cada clase elexiu unha profesión antiga  (oleiros/as, labregos/as, rianxeiros/as, pulpeiras/os, cociñeiros/as, afiadores/as). Despois dun desfile polo patio, rematamos a festa co xogo das olas e cunha chocolatada. Agradecemos ás familias a sua implicación e participación.Así mesmo, queremos aproveitar para felicitar a ANPA do noso centro por ese premio ben merecido no desfile do entroido na cidade. Noraboa!!!

Álbum: curso 2019/2020 -> entroido 2020
Distribuir contido


by Dr. Radut