Skip to Content

Digicraft

Digicraft

O noso centro foi seleccionado para participar no programa “Digicraft en tu cole” da Consellería de Educación en colaboración coa Fundación Vodafone.

O obxectivo deste programa é formar ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria en competencias dixitais.

Digicraft parte dunha metodoloxía fundamentada na aprendizaxe colaborativa e busca a participación activa do alumnado a través do xogo e a experimentación, nun contexto que estimula a súa curiosidade, creatividade e desenvolvemento emocional positivo.

A través duns kits de traballo o alumnado realizará unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. As actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras.

O programa ten unha duración de dous cursos académicos e será levado a cabo polas mestras Nancy Fernández e Isabel Blanco.

Para máis información pódese consultar a páxina da convocatoria premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut