Skip to Content

Enriquecemento curricular

Definición do programa

NORMATIVA

 A  Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa contempla: Artigo 16. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (LOMCE)

DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se estabelece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

Capítulo III. Proceso de aprendizaxe. Artigo 16. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diver­sidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 8. Medidas ordinarias h) Programas de enriquecemento curricular.

Dende o noso Centro a finalidade primordial deste programa é fomentar o enriquecemento curricular do alumnado en xeral de forma que poida lograr un maior desenvolvemento das competencias clave, partindo da detección e atención do alumnado con maior capacidade dentro do grupo-aula.

Isto implica que, ademais de tomar as medidas individuais oportunas para os alumnos con altas capacidades xeneralizadas, deséñense, para os alumnos con maior capacidade, actividades específicas que poidan realizar integrados no seu grupo-clase e que se programen actividades xerais de enriquecemento dirixidas a todos os grupos que participan no Programa.

Para conseguir a finalidade xeral proposta no apartado anterior, propómonos os seguintes obxectivos:

  • Identificar ao alumnado con maior capacidade dentro de cada grupo-aula (talentosos, altas capacidades, alto rendemento…) dos seleccionados para o programa a través da observación directa e instrumentos habituais de avaliación.
  • Estimular distintos compoñentes da intelixencia: lingüístico verbais, lóxico-matemáticos, espaciais, memoria, creatividades, etc.
  • Aplicar actividades referidas ao maior número posible de competencias básicas de ampliación, profundización e investigación, para realizar polos grupos-aula que interveñen no programa, nas áreas das linguas, matemáticas, ciencias sociais e ciencias naturais.
  • Poñer en funcionamento actividades que desenvolvan técnicas e hábitos de estudo.
  • Potenciar o pensamento diverxente, nos seus distintos aspectos: fluidez, elaboración, orixinalidade e flexibilidades e desenrolar a capacidade do alumnado para ver situacións dende puntos de vista diferentes, aprendendo a buscar varias alternativas para solucionar un problema.
  • Desenrolar actividades de ampliación, profundización e investigación referidas ao maior número posible de competencias clave nas diversas áreas.
  • Dar resposta educativa individualizada no caso de que se detecten casos de alumnos con altas capacidades xeneralizadas e alumnado talentoso
  • Asesorar ao profesorado que intervén no programa, de forma que posibilite a detección e intervención educativa adecuada.
  • Animar ao profesorado para profundizar na súa formación
  • Facilitar ao profesorado os recursos adecuados para o desenvolvemento das actividades propostas.
  • Fomentar o uso das novas tecnoloxías.
  • Dinamizar nas aulas novas liñas de intervención que potencien o talento individual de cada neno/a dentro da aula
  • Brindar recursos alternativos que complementen o currículo, á vez que expoñen ao neno/a a propostas novidosas que esperten a súa curiosidade e motivación por afondar no coñecemento día a día.
  • Traballar a concentración, atención e conciencia a través de Mindfulness.

 

 

RADIO NA BIBLIO

O noso centro foi seleccionado  para seguir participando no proxecto piloto " Radio na biblio". Xa temos todo o equipamento preparado e os/as nenos e nenas do Bencho xa comezaron dende hai días esta nova andaina.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Radio na escola

Noticieiro sobre os bechos

Bencho Radio: O magosto

Bencho Radio en directo en Onda Cero

O alumnado de enriquecemento curricular visitou o mércores día 21 a emisora de Onda Cero en Ourense. Alí tiveron a oportunidade de participar nun programa en directo.

Velaquí a emisión:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut