Skip to Content

Club de Ciencia

Club de Ciencia

 

Os experimentos e actividades científicas permiten aos nenos e adolescentes desenvolver a súa creatividade e iniciativa, agudizar o seu sentido crítico e darlle unha maior significación á aprendizaxe das ciencias.

 

 A finalidade do club de ciencia é auxiliar ao alumno para afirmar e profundar os seus coñecementos teóricos por medio de experiencias totalmente prácticas, ademais de contribuír a formar unha disciplina con base no método científico, fundamental no mundo que o rodea.

 

No curso 2018-2019 o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey solicita a participación no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 4º curso de Educación Primaria fora do horario lectivo.

 

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Ángela Guede Mojón
  • Isabel Blanco Pumar (coordinadora)

 

 

 

No curso 2019-2020 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria fora  do horario lectivo. Ademais das mestras que xa participaban no club únese Nancy Fernández Cid.

 

Na seguinte ligazón podedes ver máis información sobre o programa e a resolución definitiva na que se inclúe o noso centro.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/25227

 

 

 No curso 2021-2022 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 1º,4º e 6º curso de Educación Primaria.

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Nancy Fernández Cid
  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Susana Alonso Jardón
  • María José Pato Fernández
  • Mª Teresa Martínez Alonso

 

  No curso 2022-2023 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 2º,4º e 5º curso de Educación Primaria.

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Nancy Fernández Cid
  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Mª Jesús Freire Yáñez
  • Lidia González Mato
  • Mª Teresa Martínez Alonso

 

 

 No curso 2023-2024 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 1º,3º e 5º curso de Educación Primaria.

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Marta Rodríguez Novoa
  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Mª Jesús Freire Yáñez
  • Mª José Pato Fernández
  • Mª Teresa Martínez Alonso

49.- MAKEY PIANO

Na aula de quinto combinamos a creatividade de Makey Makey coa versatilidade de Scratch para crear proxectos como un piano humano e un piano interactivo. Para levar a cabo esta actividade construimos un piano xigante con cartón e as teclas de aluminio ( material condutor). Logo programamos un piano sinxelo con scratch e conectamos a pacla con todo o cableado do ordenador ao piano. Comprobamos que funcionaba. Queda mellorar a actividade; asociar cada nota coa tecla correspondente. Aproveitamos a actividade para facer un piano co noso própio corpo. 

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 49.- MAKEY PIANO

48.- Fedellando co microscopio

Debido ao gran interese e curiosidade que mostrou o alumnado de quinto polas actividades co microscópio, decidimos adicarlle outra sesión do clube de ciencias para observar diferentes mostras. Estivemos vendo un anaco de pel de cebola, ás de volvoreta, pelos humáns, e diferentes mostras de legumes, insectos e hortalizas.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 48.- Fedellando co microscopio

47.- O mofo que salvou vidas. Fleming

En quinto de primaria trouxemos á aula un anaco de marmelo cheo de mofo e puxémonos a investigar co microscopio.

 

Explicamos que o mofo é un tipo de hongo microscópico que axuda á natureza a decompoñer a materia orgánica morta. Tanto o mofo como o mildiu son tipos de fungos. O que os diferencia é que o mofo preséntase en tonos azuis, negros, vermellos e verdes, mentras que o mildeu é branco.  Esto puidémolo observar no microscópio. Aproveitamos o experimento para explicar as condicións de vida que precisa o mofo para reproducirse e vivir e tamén falamos dos perigos que pode ter para o ser humano e da gran aportación científica de Alexander Fleming, que de maneira casual fixo crecer un mofo nun cultivo , e descubriu a penicilina.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 47.- O mofo que salvou vidas. Fleming

46.- Lata equilibrista

Con este experimento os nenos e nenas de terceiro puderon ver como unha lata de refresco comeza a "dar saltitos" por ela soa.

 

Para este experimento precisamos tan só cunha lata, un chisqueiro e auga.

 

Para comezar, hai que baleirar a lata e quitarlle a chapa de apertura. Unha vez feito, débese colocar boca abaixo. O seguinte paso é conseguir que a lata quede pegada a unha superficie, para o que debemos de mollar con auga a parte da lata que se xunte coa superficie para que non se escape o aire e adhírase. Por último, achegamos a chama do chisqueiro á parte lateral do obxecto e veremos como este téntase afastar do lume coma se saltase.

 

Ao quentar a lata co mechero sube a temperatura e a presión do aire atrapado no interior da lata, como a lata é moi lixeira móvese e da pequenos saltiños ao saír o aire quente por debaixo da lata

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 46.- Lata equilibrista

45.- Un barco impulsado por xabón.

Os nenos e nenas de terceiro descubrimos que o xabón esconde a poderosa propiedade de impulsar obxectos e pode facer navegar a un pequeno barco caseiro.

 

 Como barco usamos un papel ao que lle demos forma.  A continuación simplemente apoiamolo sobre unha superficie de auga, o máis grande posible, e agregámoslle un chisco de xabón ou deterxente. Ao facelo, o pequeno barco saiu disparado, surcando a auga.

 

 A explicación é que a tensión superficial fai que a superficie da auga se comporte como unha membrana elástica que pode estirarse sen romper. O deterxente en contacto coa auga reduce a tensión superficial nese punto e a tensión externa superior tira cara fóra arrastrando o barco de papel.  

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 45.- Un barco impulsado por xabón.

44.- Hoxe plantamos

En 1º A de primaria plantamos unhas legumes nun vaso de iogur, utilizando algodón a modo de terra. O alumnado observará a importancia da auga, a terra  e a luz no crecemento das plantas, así como as partes das mesmas. Ademais regarán e cuidarán as legumes durante todo o proceso.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 44.- Hoxe plantamos

43.- Facemos un nenúfar

En 1º de primaria aproveitando que estamos co tema das plantas fixemos un nenúfar.

 

Precisamos : papel, tesoiras, lapis de cores e un recipiente con auga.

 

 O procedemento foi o seguinte.

 

-Debuxar unha estrela de 6 puntas, recortala e pintala.

 

-Dobrar as puntas cara a dentro imaxinando que cada punta é un pétalo.

 

-Introducir o nenúfar con coidado dentro dun recipiente con auga.

 

-Observamos como os pétalos se abren lentamente.

 

O alumnado fixase como o papel absorbe a auga e abre formando a flor.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 43.- Facemos un nenúfar

42. Por que flotan os barcos ?

En quinto de primaria estivemos traballando a densidade e a flotabilidade.

 

Un barco flota porque o seu peso é igual ou menor que o peso da auga que desplaza. Esto relaciónase coa densidade do barco e da auga. Si un obxeto é máis denso que o líquido no que se sumerxe, afundirá, si é menos denso, flotará. Tamén inflúe que os barcos teñen compartimentos cheos de aire que os fan máis livianos.

 

A raíz desto, fixemos un experimento de flotabilidade con distintos materiais: cortizas, boliñas de porespán, pedras e un óvo. Estivemos comprobando como a densidade da auga pode modificarse, por exemplo, cando añadimos sal. Cando modificamos a densidade da auga añadindo sal comprobamos que o ovo flota, en contrapartida a cando non añadimos sal que o óvo afunde.

 

Estivemos  calculando a densidade do ovo e da pedra, aplicando a fórmula densidade = masa partido volume.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 42. Por que flotan os barcos ?

41. A vela que se apaga e sube a auga.

Para facer este experimento o alumnado de 1º A precisaron auga, unha vela, un recipiente onde botar a auga e un vaso/ bote transparente.

 

Botamos auga nun recipiente. Préndese a vela e  ponce no recipiente que conten auga tapada co vaso/bote transparente.

 

O alumnado observa cómo a vela vaise apagando cando queda sen aire/oxíseno  e como cosecuencia o nivel de auga dentro do bote vai subindo, debido a diferencia de presións.  Eso demostra que o aire ocupa un lugar.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 41. A vela que se apaga e sube a auga.
Distribuir contido


by Dr. Radut