Skip to Content

Club de Ciencia

20.- A pinga submarina.

Os alumnos e alumnas de terceiro estiveron experimentando coas densidades de tres líquidos: auga (1 g/ml), aceite (0,92 g/ml) e alcol (0,79 g/ml). O que puideron observar ao rematar o experimento é que o aceite flota na auga porque é menos denso, pero afúndese no alcol porque é máis denso. Por conseguinte, puideron preparar unha mestura de auga e alcol, na cal devandito aceite nin flote nin se afunda ata o fondo.

Para este experimento precisaron: un recipiente pequeno e un vaso maior, aceite, alcol, auga e unha culler ou un embude.

Preparación: Tómase o recipiente pequeno, énchese de aceite ata a metade e colócase no fondo do vaso. No vaso bótase, con precaución, a cantidade de alcol que sexa necesaria para cubrir o recipiente pequeno. Logo, cunha culler, vaise engadindo, aos poucos, auga (de maneira que escorra pola parede do vaso) A superficie do aceite do recipiente pequeno irase facendo cada vez máis convexa, ata que, cando a cantidade de auga engadida sexa suficiente, o aceite despréndase do devandito recipiente e forme unha esfera que quedará suspendida dentro da mestura de alcol e auga.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 20- a Pinga submarina

19.- O vaso e a vela.

O alumnado de 5º de Primaria estivemos vendo como a falta ou a variación de presión debido o cambio de temperatura influe sobre a auga.

Para o experimento empregamos:

  • un vaso de auga

  • un prato

  • unha vela 

  • un vaso

Botamos un pouco de auga no fondo do prato. A continuación poñemos a vela no prato evitando que se molle e prendémola. Por último tapamos a vela co vaso e esperamos a que esta se apague. Unha vez que se apaga podemos observar como a auga dentro do vaso sube debido a presión que exerce a falta de osíxeno.

A explicación científica débese a que cando se acaba o osíxeno a auga sube porque  co cambio de temperatura dentro do vaso tamén se cambia a presión. Cando a vela se vai apagando a presión dentro do vaso vai diminuindo pero a presión do exterior non varía e ahora esta é maior ca do que hai no interior do vaso polo que empuxa a auga para igual ambas presións (externa e interna).

Os alumnos e alumnas de 1º B tamén realizaron este experimento.

 

O álbum elixido (aid = 322) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

18.- O ovo misterioso.

O alumando de quinto de primaria estivemos descubrindo cómo introducir un ovo nunha botella sen tocalo.

Para elo precisamos: 

  • Un ovo duro

  • Unha botella vacía

  • Un anaco de papel

  • Un chisqueiro

Pelamos os ovos e posteriormente queimamos o papel e deixámolo caer na botella. Colocamos o ovo na boca da botella mentres o papel arde e automáticamente caerá dentro.

O aire que hai no interior da botella expándese ao añadir o papel ardendo. Cando a chama se apaga, o aire contráese. Nese momento a presión interior é menor que a exterior. Parece que o ovo foi succionado, pero en realidade, a presión dende o exterior foi o que o empuxou cara adentro.

Este experimento non funcionou, a pesar de moitos intentos e de probar diferentes técnicas non conseguimos prender lume dentro da botella, xa que por falta de osíxeno nada máis entrar na boca da botella apagábase a chama. Comprobamos a importancia do osíxeno para a combustión.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 18- O Ovo misterioso

17.- Canela que foxe.

Materiais: auga, canela e xabón líquido

Preparación:
Vertemos nun recipiente un pouco de auga e espolvoreamos por encima canela.

A continuación agregamos unhas pingas de xabón e observamos a rapidez coa que a

canela se dispersa.

Este efecto prodúcese ao romper a tensión superficial da auga, pero tamén nos serve para explicar aos alumnos/as a importancia de lavarse as mans con xabón para escorrentar aos virus (os “virus” serán simulados coa pementa). Ademais de con pementa

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 17- Canela que foxe

16.- Disección dun peixe.

Material:

• Tesoiras

• Bisturí

• Cubeta de disección

• Peixe óseo (robaliza)

 • Pinzas

Procedemento

1)    Introducir o peixe na cubeta de disección e obsérvalo detidamente tratando de

Recoñecer as partes máis importantes da súa anatomía externa: ollos,

boca, dentes, opérculo, aletas (dorsal, anal, caudal), escamas e orificio anal.

2)Cortar o opérculo e observar no interior as branquias.

3)    Facer un corte rectangular nun lado. Retira o anaco de musculatura e quedarán

 á vista as vísceras do peixe: corazón, fígado, vesícula biliar, intestino, vexiga

natatoria e tecido muscular.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 16- Disección dun peixe

15.- O limón eléctrico.

En quinto de primaria estivemos investigando cómo producir enerxía química. Para eso fixemos un experimento no que precisamos:

  • 4 limóns e 4 patacas

  • 4 moedas dun céntimo

  • 4 clavos galvanizados

  • 4 pinzas de cocodrilo

  • Unha luz LED

  • Un coitelo

En primeiro lugar fixemos dous grupos, a un repartímoslle limóns e ao outro patacas.  Introducimos os clavos e as moedas nos limóns e nas patacas, procurando que sobresaíran un pouco. Colocamos as pinzas de cocodrilo  unindo os limóns e as patacas en ringleira e  na mesma orde: de céntimo a clavo. Pechamos o circuito unindo os extremos que quedan soltos coa luz LED. Observamos que se prende a luz.

Os limóns e as patacas conteñen ácidos que ao xuntalos co cobre o co cinc reaccionan entre sí convertíndose en enerxía química, deste xeito, cando os electróns poden fluir libremente entre o polo negativo e o positivo  xeran electricidade.

Neste experimento , os clavos son os polos negativos, e as moedas de céntimo, os positivos. Cada limón, moeda e clavo xeran aproximadamente un voltio, por eso, nos fan falta catro limóns para prender a bombilla LED.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 15- O limón eléctrico

14.- Cubitos fóra.

O experimento foi levado a cabo cos alumnos/as de 5º de Educación Primaria. Consiste en levantar un cubito de xeo flotando sobre a auga con un palillo. Para isto precisamos

  • un vaso con auga

  • un cubito de xeo

  • un palillo

  • e sal

Colocamos cuidadosamente o cubito no vaso con auga, suavemente situamos o palillo ao longo do cubito e sobresaíndo do vaso.

Botamos sal sobre o palillo e esperamos uns 30 segundos. Levantamos o palillo e ao solidificarse a sal en contacto co xeo, levantamos o cubito.

Este experimento tamén se fixo con lá en lugar de palillo e o resultado foi o mesmo.

Explicación científica: en un primeiro momento, o cubito de xeo e auga están en equilibrio: os índices de conxelación e derritimento son iguais. A sal que se engade fai descender o nivel de conxelación da auga, provocando que o xeo se funda máis rápido. Esto libera moita enerxía e forma calor, de tal maneira que todo se enfría, incluído o cubito de xeo. Donde non hai sal o cubito se recongela, e con el o palillo.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 14- Cubitos fora

13.- Plastilina caseira.

Aproveitando que en 1ºA  estamos traballando as cores e que queremos fomentar a motricidade no noso alumnado decidimos facer unha actividade manipulativa: facer a nosa propia plastilina. 

Para realizar a plastilina precisamos un vaso de fariña, medio vaso de sal, 4 medidas dunha culler de aceite, un vaso de auga e colorante alimentario.

Nun bol  mezclamos a fariña, o sal, o aceite e a auga e facemos unha masa. Cando teña consistencia facemos unha bola e botámoslle colorante alimentario. Seguimos amasando ata que colla  unha cor uniforme.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 13- Plastilina caseira

11.- Ambientadores naturais.

O  alumnado de 1º B   prepárase para crear uns ambientadores naturais para a súa aula. Para iso precisan: Limóns, cravos e palillos.

Van facendo buratos no limón  cos palillos e colocándolle os cravos creando diferentes imaxes ( un ourizo, unha cariña).

 Estes dous produtos combinados serven de aroma e mesmo de repelente para insectos. O aroma dos cítricos e o olor dos cravos conseguen neutralizar olores fortes e crean un ambiente natural agradable. 

Ao longo de varias semanas temos o noso ambientador natural na aula.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 11- Ambientadores naturais

10.- Corpos flotantes.

Conseguimos ver  como os nosos debuxos flotan na auga. Os nenos/as de 1º B realizan este experimento. Para iso precisan: un prato de porcelana, rotuladores de pizarra branca,  e auga. Primeiro debuxan nun prato de porcelana letras , e despois van incorporando pouco a pouco auga. Observan como as letras flotan na auga que está no prato. Descubren que sucede iso porque a tinta é menos densa  e  flota.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 10- Corpos Flotantes
Distribuir contido


by Dr. Radut