Skip to Content

14.- Cubitos fóra.

O experimento foi levado a cabo cos alumnos/as de 5º de Educación Primaria. Consiste en levantar un cubito de xeo flotando sobre a auga con un palillo. Para isto precisamos

  • un vaso con auga

  • un cubito de xeo

  • un palillo

  • e sal

Colocamos cuidadosamente o cubito no vaso con auga, suavemente situamos o palillo ao longo do cubito e sobresaíndo do vaso.

Botamos sal sobre o palillo e esperamos uns 30 segundos. Levantamos o palillo e ao solidificarse a sal en contacto co xeo, levantamos o cubito.

Este experimento tamén se fixo con lá en lugar de palillo e o resultado foi o mesmo.

Explicación científica: en un primeiro momento, o cubito de xeo e auga están en equilibrio: os índices de conxelación e derritimento son iguais. A sal que se engade fai descender o nivel de conxelación da auga, provocando que o xeo se funda máis rápido. Esto libera moita enerxía e forma calor, de tal maneira que todo se enfría, incluído o cubito de xeo. Donde non hai sal o cubito se recongela, e con el o palillo.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 14- Cubitos fora


album | by Dr. Radut