Skip to Content

PIALE

Estancia formativa en Ottawa (Canadá)

A mestra especialista de inglés M. Isabel Blanco participou nunha estancia de inmersión de catro semanas en Ottawa (Canadá) durante os meses de outubro e novembro.  

O programa organizado pola Consellería de Educación ten como obxectivo a mellora da competencia lingüística do profesorado, o coñecemento do sistema educativo dunha zona anglófona, a actualización metodolóxica e a formación e cualificación de especialistas en seccións bilingües.

A súa volta invitou ao profesorado interesado a un relatorio informativo para dar a coñecer a súa experiencia nun sistema educativo que destaca polo seu éxito.

Velaquí a presentación que acompañou ao seu relatorio.

Distribuir contido


by Dr. Radut