Skip to Content

Animación á lectura

DÍA DO LIBRO 2024

Bo día familias,

Para celebrar o Día Internacional do Libro fixemos unha morea de actividades de aula: marcapáxinas, concursos... pero a actividade raíña da semana do libro no Benchoshey, sen dúbida, é o APADRINAMENTO LECTOR!!!

O equipo de biblioteca preparou e coordinou esta actividade que  lle encantou ao alumnado!!!

Ó desfrutar dun día de sol as/os lectoras/es e os/as "afillados/as" buscaron recunchos moi chulos para a lectura.

Deixamos unha escolma de fotos.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DO LIBRO 24

DÍA DO CÓMIC

Seguimos traballando O PDI: A banda desñada no Benchoshey e neste caso, a actividade foi unha exposición de cómics vintage para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC ( 11 DE MARZO).

Chegaron auténticas xoias...

BIBLIOTECA : TEMA DO MES

O equipo de biblioteca cada mes prepara unha exposición de libros segundo a temática de dito mes. En marzo, o Día da muller é o protagonista das nosas recomendacións lectoras.

 

PDI BANDA DESEÑADA

Como sabedes o Proxecto Documental Integrado sobre o que xiran todas as celebracións deste curso é A Banda Deseñada .

Cada clase ten o seu cómic preferido e o representan deste xeito ....Ollade!!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> PDI : BANDA DESEÑADA

DÍA DA MULLER: ILUSTRADORAS

Continuando coas celebracións do Día Internacional da Muller , o Equipo de Biblioteca organizou e coordinou a actividade ILUSTRADORAS. Con este tema a actividade está relacionada co Proxecto Documental Integrado deste curso "A BANDA DESEÑADA".

O alumnado escolleu as ilustradoras máis salientables facendo un traballo de investigación con estes resultados...

Álbum: CURSO 23-24 -> ILUSTRADORAS DÍA DA MULLER 24

TEATRO IGUALDADE

Outra das actividades realizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller foi o TEATRO DE IGUALDADE.

A actriz e escritora Raquel Queizás escenificou a obra SOMOS IGUAIS  e o conto "Artur e Clementina" para 1º, 2º, 3º de primaria e para os máis maiores " CONTOS POLA IGUALDADE NA TÚA MAN".

Álbum: CURSO 23-24 -> TEATRO IGUALDADE

TEATRO MONICREQUES

Bo día ,

Unha das actividades levadas a cabo desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega foi o teatro de monicreques que disfrutamos hai uns días. Coa  compañía "Era tempo de Avantar" e os seus actores e as súas actrices; Ana Isabel, Alba de Vales, Topo Vidal e Inacio, divertímonos moito e defendemos o uso da nosa lingua.

Protagonizaron dúas obras: "Ruliño vai a escola" e " O tesouro da Bruxa Pelona".

 

 

 

 

Álbum: CURSO 23-24 -> TEATRO MONICREQUES

DÍA DE ROSALÍA 2024

Bo día familias,

O 23 de febreiro adícase o día a Rosalia de Castro , coincidindo coa data do seu 187 aniversario.

Nesta ocasión celebrámolo lendo poesías da autora durante a Hora de Ler.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DE ROSALÍA 2024

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2023: " A BANDA DESEÑADA NO BENCHO"

Este curso 2023-24 a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publicas elixiu como lema para as Bibliotecas Escolares UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS. Este lema quere  poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

Seguindo o camiño marcado por a Asesoría o PDI do colexio será A BANDA DESEÑADA NO BENCHO.

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra da compañeira Diana Bericoechea.

 

            

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

O equipo de biblioteca deséxavos un bo verán a toda a rapazada do Bencho.

Para que disfrutedes dunha boa compañía durante este período, recomendamos estes librillos. 

Tedes algo en galego, algo en castelán, algo en inglés e como non, un chisquiño de comic, que sabemos que vos gusta moito.

 

                               Disfrutade moito do voso merecido descanso!!!!!

                                                     Apertas.

 

 

 

 

                              BO VERÁN!!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut