Skip to Content

Animación á lectura

DÍA DO LIBRO

Este ano para conmemorar o Día do Libro en Bibliobencho fixemos unha cheiña de actividades.

O luns día 17 de Abril, grazas a profe Celi, viñeron as aulas de 5 anos A e B, Pily e Belén, as responsables da  Biblioteca do Pereiro de Aguiar,  para contarnos dous contos: "A vaca que puxo un ovo" e "O coelliño blanco ", e regalarnos uns marcapáxinas. Tamén nos deixaron unha maleta cheiña de libros. Moitas grazas por compartir con nós esta experiencia. 

   

   

 

O venres 21 de abril, a AMPA agasallounos coa obra de teatro "Tesouro", representada por Trecola teatro.

 

 


O luns 24 de abril, realizomos un apadrinamento lector. O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria leulle uns contiños os máis pequerrecho do cole.

 

 

Ademáis, a rapazada participou nun obradoiro de marcapáxinas que se desenvolveu na biblioteca durante os recreos.

Mirade que bonitiños lles quedaron!!!! 

 

  

  

 

 

DÍA da POESÍA, da ÁRBORE e da AUGA

O día 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da  poesía sí como o día da árbore e a auga no noso centro. Cada aula escribiu un poema sobre o invento ou inventor que están a traballar para o proxecto anual do centro, para vestir de follas a nosa árbore da biblioteca. 
 
Así de ben nos quedou!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

TEATRO LIDO CO GRUPO " A BERENGUELA"

Bo día:

A pasada semana tivemos a sorte de disfrutar do grupo de teatro A Berenguela que representou a obra " Os pacientes da doutora Cabrera" para o alumnado de primeiro a cuarto de educación primaria.

Pasámolo xenial!!! Ollade...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Este ano, o Día das Letras Galegas, adícase a Florencio Delgado Gurriarán.

Se queres coñecer un chisquiño máis del, preme sobre a imaxe.

 

 

 

 

O equipo de Benchobiblio faivos as seguintes recomendacións lectoras.

 

E.....para pór os vosos coñecemetos en acción. Propómosvos os seguintes xogos.

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO

Ao longo da semana pasada, a rapazada do Bencho elaborou diversos traballiños para conmemorar este día.

Aquí vos deixamos o resultado de tanto esforzo, agardando que vos guste tanto coma nós!

Apertas.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril conmemórase o DÍA DO LIBRO, data simbólica da literatura universal ao coincidir coa morte dos escritores William Shakespeare,  Miguel de Cervantes e  Garcilaso de la Vega. Aquí vos deixamos un pouco máis de información sobre eles.

 

 

 

Este ano, no Bencho, estamos a realizar apadrimamentos lectores, unha exposición cun estupendo cartel elaborado polos rapaces de 1º.

 

 

 

Tamén pomos a vosa disposición un genialy con enlaces a audiocontos e algunha cousiña máis que vos iremos contando.

 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Bo día Benchiños e Benchiñas!

Comezamos o mes de novembro cheiños de actividades para celebrar o MES da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS GALEGAS. Desde o blog de BIBLIOTECAS ESCOLARES de GALICIA proporcionannos unha morea de recursos, como a maleta viaxeira de Ciencia que xa temos na biblio. 

                                      Tamén temos previsto celebrar a I FEIRA DE CIENCIA EN GALEGO. Nela, a rapazada de cada aula presentará a un científicx e realizará un experimento relacionado co noso PDI "ConCIENCÍAte".

Agardamos pasalo moi ben e aprender unha chea!!!!!

 

                                                    

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Dende o 1997 celébrase o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil na que están implicadas todas as bibliotecas do estado, entre elas a nosa Bibliobencho. Este ano o lema é BIBLIOTECA: LER, APRENDER E DESCUBRIR.

Aproveitamos esta data festiva para presentarvos o noso proxecto documental de centro, titulado "ConCIÉNCIAte"

Durante este curso imos ler, aprender e descubrir, que podemos facer para que o noso planeta se desenvolva dun xeito sostible e contribuir o logro dos Obxectivos da Axenda 2030.

Para que fagades unha idea o equipo da biblioteca preséntavos.......

 

 

Esperamos que vos gustara!

 

Agora para pór en práctica os vosos coñecementos sobre a Ciencia e o Desenvolvemento Sostible tedes que tratar de solucionar os seguintes xogos. 

(Preme nos Obxectivo 2030 para saber resolver o pasapalabras)

 

 

                                                                                            

 

BENCHOLECTORES

O noso Bencho está moi contento por recibir tantas visitas este mes. Aquí vos deixamos unhas imaxes dos agasallados.

PARABENS BENCHOLECTORES!!!!!!

 

 

                                                                                            

NOVOS AMIGOS NA BIBLIOTECA

Bo día,

Boas novas para os seguidores e seguidoras de Futbolísimos porque desde hoxe , en Bibliobencho, podedes disfrutar das aventuras de...LOS FORASTEROS DEL TIEMPO . Dúas coleccións con moito éxito entre os lectores.

Xa vos esperan no expositor de novidades.

 Lecturas  felices!!!

 

                                                                                               

Distribuir contido


by Dr. Radut