Skip to Content

Plan Proxecta

O PROFESORADO COÑECE O ROTEIRO DOS MUIÑOS

Bo día,

O 22 de maio, sábado, o profesorado do centro saiu de camiñata.

Fomos coñecer o roteiro dos muiños para despois, en xuño, poder ir co alumnado explicándolle a flora , os elementos etnográficos e facer algo de deporte.

Saúdos!!!

BAILES TRADICIONAIS

Bo día,

Na celebración das Letras Galegas o alumnado de primeiro e segundo de primaria aprenderon distintos bailes , entre outras actividades.

Temos grandes bailaríns!!!

Ollade...

 

CONFERENCIA CAMIÑO DE SANTIAGO

Hola,

Este curso tivemos a sorte de disfrutar da compaña de Alberto Cacharrón , un experto no Camiño de Santiago. Contounos os percorridos que se poden facer, as súas aventuras e os seus propósitos de futuro (quere facer o Camiño Branco desde a Antártida). Un fenómeno!!!

SENDEIRISMO EN PRIMARIA

Bo día,

O alumnado de primaria fixo ,ao longo deste curso varios roteiros por A Chaira. Agora co traballo do Concello Do Pereiro de Aguiar temos unha contorna máis bonita e preparada para facer sendeirismo. Así , chega ata o colexio O roteiro dos Muiños.

Ao noso alumnado encántalle sair á natureza desfrutar e coñecer a contorna e , de paso, movemos o corpo.

SENDEIRISMO EN INFANTIL

Bo día,

Ao longo do curso foron moitas as saídas para coñecer A Chaira. Os cativos e cativas do colexio amosaron ser grandes deportistas ademáis aprenderon moito da contorna do centro . 

Aquí deixo unhas fotos de exemplo.

Bravo por eles!!!!

DÍA DA PAZ

Con motivo do día da paz, o Equipo de Convivencia organizou unha actividade adicada a todas as persoas que estiveron e están en primeira liña loitando contra esta pandemia. Esperamos que vos guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut