Skip to Content

Erasmus +

Erasmus +

ERASMUS

Erasmus+ (2014-2020) é o programa integrado da Unión Europea (UE) nos ámbitos da educación e a formación, mocidade e deporte, que ofrece oportunidades para todas as persoas e en todos os sectores educativos (Educación Escolar, Formación Profesional, Educación Superior e Educación de Persoas Adultas).

Durante o curso 2019-2020 temos aprobado un proxecto de formación Erasmus KA1 que leva por título “Mellora das habilidades docentes nas competencias lingüísticas e STEM”. A coordinadora do proxecto e persoa de contacto co  Servicio Español Para la internacionalización de la Enseñanza é María Isabel Blanco Pumar.

Os mestres do centro que sinalamos a continuación teñen a oportunidade de facer cursos de formación estruturados en Dublín, Edimburgo, Roma e Praga:

  • Nancy Fernández Cid
  • Paula Ferreira Rodríguez
  • María Teresa Martínez Alonso
  • Marta Rodríguez Novoa
  • María Isabel Blanco Pumar

A formación que se levará a cabo neste proxecto pódese clasificar en dúas liñas xerais de investigación:

1) Formación e metodoloxía de linguas estranxeiras.

2) Implementación de competencias STEM na aula.

 

Os principais obxectivos previstos para este proxecto son:

  • Reforzar a actualización e adquisición de novas competencias profesionais.
  • Engadir un valor  tridimensional intercultural europeo (cultura, lingua e sociedade) ao noso centro educativo.
  • Promover unha participación activa, por parte de toda a comunidade escolar, para fomentar un ambiente intercultural europeo.
  • Promover a excelencia e a innovación do ensino da lingua inglesa a través de actividades escolares e extraescolares.
  • Promover a diversidade lingüística mediante o uso do inglés como lingua estranxeira.
  • Aumentar o número de profesores bilingües para reforzar o programa bilingüe.
  • Reforzar o perfil profesional dos profesores que pertencen ao programa bilingüe.
  • Espertar no alumnado o interese pola investigación e as vocacións  STEM:
  • Promover actividades científico- tecnolóxicas no centro.
  • Desenvolver proxectos STEM contextualizados na vida real e que fomenten a resolución de problemas.

As metas que pretendemos alcanzar son:

  • Profesores máis capacitados para integrar boas prácticas e novas técnicas metodolóxicas no labor docente diario, tanto nas actividades escolares.
  • Alumnos con mellores competencias e habilidades tanto na lingua estranxeira como nas materias  STEM
  • Profesores con maiores recursos para fomentar unha diversidade social, cultural e lingüística nun contexto europeo

A metodoloxía utilizada neste proxecto baséase na aprendizaxe activa, no intercambio de experiencias e ideas e na participación de todos os participantes na toma de decisións baseadas no consentimento para lograr resultados como:

  • Mellorar as habilidades da linguaxe.
  • Adquirir novas habilidades e obter novas perspectivas sobre a aplicación de STEM na educación.
  • Desenvolver aplicacións e materiais educativos.

Todos estes beneficios terán un impacto positivo na nosa escola. O proxecto ten como obxectivo crear conciencia sobre a importancia da mobilidade do profesorado cun propósito formativo e estender este tipo de actividades a todos os nosos profesores e estudantes.

Se queres coñecer máis sobre esta experiencia, visita o noso blog. Preme na imaxe para acceder directamente.

 

Blog Erassmus

Distribuir contido


by Dr. Radut