Skip to Content

Biblioteca creativa

BIBLIOTECA CREATIVA

PIANO MAKEY MAKEY

O martes para finalizar este curso escolar tivemos un conciertiño.

A rapazada do Bencho puedo tocar un piano construido cartón, papel de aluminio, coas placas Makey Makey e programado con Scratch.

aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

 

 

 

 

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da Familia a rapazada de 4ºB realizou unha tarxeta coa que agasallar a súa familia. Fixeron un circuito en papel utilizando cinta de cobre, led e unha pequena batería.

Mirade que ben lles quedaron!!!!!!

 

Obradoiro de E-textiles e Makey Makey

O alumando de terceiro de primaria tiveron a sorte de participar nun obradoiro  de E- textiles e Makey Makey, organizado pola biblioteca, no que se iniciaron nos circuitos eléctricos e na programación con SCRATCH.

23 de ABRIL DÍA do LIBRO

 

DÍA DO LIBRO NO BENCHO

O día 7 de abril de 2020,  celebrouse un Obradoiro de lectura e linguaxe  audiovisual co alumnado de 5º E.P.
O obxetivo da formación foi tanto favorecer a  aprendizaxe e a utilización  dos recursos audiovisuais do rencuncho creativo da biblioteca, como  a adquisición de  estratexias de edición e produción de vídeos.
Para  elo,  centramos o traballo nun  conto  infantil de igualdade. A rapazada  fixo toda  a planificación  desde o deseño ata o produto, produción e interpretación   do conto.  Deste xeito, favoreceuse o desenvolvemento do  traballo colaborativo, o fomento da lectura e a utilización das ferramentas TIC e as aplicacións (Kinemaster, PicPac...). Ademáis desenvolveuse a autonomía e a  creatividade .

Hoxe, 23 de abril, DÍA do LIBRO, querémolo presentar a nosa comunidade educativa, especialmente aos nosos cativos.

Esperamos que o disfrutedes tanto como o alumnado que o realizou.

 


Tamén queremos ensinarvos a porta da nosa biblioteca decorada entre tod@s. O alumnado deseño dunha portada dun libro relacionado ca civilización traballada este curso no PDI.

 

 

Tamén queremos ensinarvos a porta da nosa biblioteca decorada entre tod@s. O alumnado deseño unha portada relacionado coa civilización traballada este curso no PDI.

 

 

Ademáis, na entrada, podedes ollar unha exposición cos libros máis antigos dos nosos fondos bibliográficos.

 

 

E.......ALGUNHA SORPRESIÑA MÁIS !!!!!!!!!!

ESTADE ATENT@S A NOSA WEB BENCHIÑ@S

 

MARCAPÁXINAS 3D

Bo día,

O alumnado de quinto de primaria segue a traballar nos deseños en 3D.

Nesta ocasión as súas creacións son uns marcapáxinas coa mascota da biblioteca, Bencho; como protagonista. Despois de colorealos , estes marcapáxinas entregaranse como agasallos aos lectores e lectoras de cada mes.

Para comezar a túa colección, lecturas a mogollón!!!!

Apertas!

PAZ CREATIVA

Bo día,

O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e no Bencho bailamos, fixemos manualidades e creamos unha pomba da paz coa impresora 3D que levaron de agasallo os máis pequechos  de educación infantil.

Xunto a pomba vai un código QR que nos leva ao blogue da biblioteca.

Mirade que guapos e guapas. 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Bo día,

Desde hai varios cursos vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS e ,como sempre, Bibliobencho quere aportar o seu gran de area.

Este ano o equipo de bibblioteca coordinou unha serie de traballos e experimentos que os titores e titoras desenvolveron co seu alumnado. 

Por unha banda, e relacionando a ciencia co PDI do centro As ANTIGAS CIVILIZACIÓNS, os alumnos e alumnas desenvolveron pequenos traballos de investigación sobre as aportacións que viquingos, gregos,celtas, maias... fixeron á ciencia.

E por outra banda, o alumnado  participou en experimentos moi chulos que podedes ver nesta entrada.

Ata outra.

 

 (Prema nos elementos interactivos)

AGASALLOS PARA OS MÁIS LECTORES

Bo día !

Este curso entregaremos  un pequeno presente aos estudantes  que  máis libros len durante o mes . Bencho , a nosa mascota da  biblioteca, convertida en chaveiro grazas ao deseño e a impresión 3D.

 A disfrutar da lectura en BIBLIOBENCHO.

Ata pronto!!!!

 

 

 

 

 

 

DESEÑOS SOBRE O 25N

Bo día !

 O día contra a violencia de xénero , o 25 de novembro, o alumnado de quinto de primaria participou nun obradoiro de deseño 3D . Entre todos os deseños presentados os nenos e as nenas dese curso escolleron os logos que máis lles gustaron. 

Agora a impresora 3D traballa duro para poder repartir entre todo o alumnado do colexio os distintos deseños seleccionados. Tamén se adxunta un código QR que nos leva ao blog da biblioteca onde poden curiosear as novidades lectoras e outros aspectos de interese.

Aquí deixamos uha mostra dos deseños gañadores e á clase de sexto A co seu agasaio.

Ata pronto.

Un saúdo!

Distribuir contido


by Dr. Radut