Skip to Content

15.- O limón eléctrico.

En quinto de primaria estivemos investigando cómo producir enerxía química. Para eso fixemos un experimento no que precisamos:

  • 4 limóns e 4 patacas

  • 4 moedas dun céntimo

  • 4 clavos galvanizados

  • 4 pinzas de cocodrilo

  • Unha luz LED

  • Un coitelo

En primeiro lugar fixemos dous grupos, a un repartímoslle limóns e ao outro patacas.  Introducimos os clavos e as moedas nos limóns e nas patacas, procurando que sobresaíran un pouco. Colocamos as pinzas de cocodrilo  unindo os limóns e as patacas en ringleira e  na mesma orde: de céntimo a clavo. Pechamos o circuito unindo os extremos que quedan soltos coa luz LED. Observamos que se prende a luz.

Os limóns e as patacas conteñen ácidos que ao xuntalos co cobre o co cinc reaccionan entre sí convertíndose en enerxía química, deste xeito, cando os electróns poden fluir libremente entre o polo negativo e o positivo  xeran electricidade.

Neste experimento , os clavos son os polos negativos, e as moedas de céntimo, os positivos. Cada limón, moeda e clavo xeran aproximadamente un voltio, por eso, nos fan falta catro limóns para prender a bombilla LED.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 15- O limón eléctrico


album | by Dr. Radut