Skip to Content

Club de Ciencia

42. Por que flotan os barcos ?

En quinto de primaria estivemos traballando a densidade e a flotabilidade.

 

Un barco flota porque o seu peso é igual ou menor que o peso da auga que desplaza. Esto relaciónase coa densidade do barco e da auga. Si un obxeto é máis denso que o líquido no que se sumerxe, afundirá, si é menos denso, flotará. Tamén inflúe que os barcos teñen compartimentos cheos de aire que os fan máis livianos.

 

A raíz desto, fixemos un experimento de flotabilidade con distintos materiais: cortizas, boliñas de porespán, pedras e un óvo. Estivemos comprobando como a densidade da auga pode modificarse, por exemplo, cando añadimos sal. Cando modificamos a densidade da auga añadindo sal comprobamos que o ovo flota, en contrapartida a cando non añadimos sal que o óvo afunde.

 

Estivemos  calculando a densidade do ovo e da pedra, aplicando a fórmula densidade = masa partido volume.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 42. Por que flotan os barcos ?

41. A vela que se apaga e sube a auga.

Para facer este experimento o alumnado de 1º A precisaron auga, unha vela, un recipiente onde botar a auga e un vaso/ bote transparente.

 

Botamos auga nun recipiente. Préndese a vela e  ponce no recipiente que conten auga tapada co vaso/bote transparente.

 

O alumnado observa cómo a vela vaise apagando cando queda sen aire/oxíseno  e como cosecuencia o nivel de auga dentro do bote vai subindo, debido a diferencia de presións.  Eso demostra que o aire ocupa un lugar.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 41. A vela que se apaga e sube a auga.

40.- Comprobación do Fluído non Newtoniano

Para este experimento precisamos maicena, auga e un envase grande.Botamos a maicena dentro do envase e engadimos auga ata que se volva uha masa pastosa semilíquida.

 

O alumnado de primeiro B observa cómo se comporta a masa semilíquida. se a golpean ven que está dura e se a collen entre as mans vólvese líquida. A aplicarlle presión compórtanse como sólidos  e en estado de repouso compórtanse como líquidos.

 

Así dun xeito divertido e moi manipulativo comproban o cambio de estado do fluído non newtoniano.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 40.- Comprobación do Fluído non Newtoniano

39.- Obradoiro sobre electricidade.

Ou pasado día 18 de marzo tivo lugar un obradoiro sobre electricidade organizado dende ou Club de Ciencias para ou alumnado que participa en dito club.

 

Todos os nenos e nenas experimentaron os efectos da electricidade estática sobre ou cabelo, puideron coñecer e ver en funcionamento dunha máquina xeradora de electridade estática, ou xerador de Van Graaff e crearon ou seu propio circuíto eléctrico. Finalmente, ou alumnado de primeiro creou un robot pintor  e ou alumnado de terceiro e quinto crearon unha tarxeta cun pequeno circuíto que se iluminaba.

 

Foi un obradoiro moi interesante no que todos os nenos e nenas aprenderon e desfrutaron da ciencia, unha forma atractiva para iniciarse no mundo da electricidade a través da experimentación e a construción de circuítos eléctricos. A través de xogos, o alumnado “iluminou” as súas propias creacións e aprenderon as bases tecnolóxicas da electricidade.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 39.- Obradoiro sobre electricidade.

38.- O teléfono.

Os alumnos/as de 1º B comunícanse co seu propio teléfono.

 

Para iso precisan:

 

2 vasos de plástico, la  e tesoiras.

 

Facemos un burato no centro do  vaso e pasámos a la  por el. Facemos un nó na la para que non se escape. E estendemos a la para conseguir unha distancia importante de separación. Facemos o mesmo co outro vaso que colocamos na outra punta.  Un neno/a  colócase nun extremo e outro/a  no outro extremo. Un fala pola boca do vaso e o outro a distancia coloca o vaso no seu oído para escoitar o que lle di.

 

Ao  falar emitimos ondas sonoras que fan vibrar o fondo do vaso. Esas vibracións viaxan pola la  ata chegar ao vaso receptor.

 

Todos e todas son capaces de escoitar sons a través dese teléfono que acaban de elaborar.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 38.- O teléfono.

37.- Que pasa se mezclamos leite con limón?

O alumnado de 1º B comproba o que sucede ao mezclar  leite co zume dun limón.

 

Exprimimos o limón nun vaso. Despois mezclámos ese zume co leite que xa tiñamos noutro vaso. Deixamos que pasen dúas horas . Prodúcese unha reacción química entre o ácido do limón e a caseína do leite( proteína do leite).

 

A caseína precipítase ao fondo ao estar en contacto cun ácido e un líquido transparente aparece na parte de arriba do vaso.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 37.- Que pasa se mezclamos leite con limón?

36.- Chuvia nun frasco.

Creamos  un modelo que representa o fenómeno da chuvia. Os alumnos/as de 1º B disfrutan nesta creación.

 

Nun frasco de cristal botan  espuma de afeitar . Nun bote aparte botan colorante azul con auga. Cunha xeringa de plástico collen esa auga azul e van botándoa enriba da espuma de afeitar e van vendo como van caendo pouco a pouco esas gotas de auga que simulan que é chuvia.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 36.- Chuvia nun frasco.

35.- A frecha máxica.

Parece máxia pensan os nenos/as de 1º B ! Pero despois entenden o que pasou.

 

Precisan para este experimento: un vaso de vidro, auga, papel para debuxar, e rotulador.

 

  Pintan dúas frechas en posición horizontal no papel.

 

2º Observan como se ven esas frechas ao colocalas detras do vaso vacío.As frechas vense na mesma dirección.

 

3º Enchemos o vaso con auga e volvemos a colocar o papel coas frechas detrás dese vaso que agora está cheo.

 

Podemos ver como agora as frechas cambiaron de sentido.

 

A luz pasa dun material a outro, pode dobrarse e refractarse. Ao ir pasando dun material a outro a luz refráctase.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 35.- A frecha máxica.

34.- O aire pesa.

Comprobamos como pesa o aire os alumnos/as de 1º B.

 

Para iso precisamos: unha percha, 2 globos, cordel.

 

Inflamos os dous globos co mesmo tamaño e colgámolos a ambos lados da percha. A percha está en equilibrio. Se pinchamos un globo observamos como a percha inclínase cara o lado que segue inflado. Polo que descubrimos que o aire ten peso.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 34.- O aire pesa.

33.- O peixe que nada.

Os nenos/as de 1º B fan  nadar  o  seu  peixe.

 

Para iso precisan: Unha  botella grande de plástico, un globo, unha xarra de auga, un rotulador permanente e unha argola de metal.

 

-          Primeiro pintan no globo desinflado un peixe.

 

-          Despois colocan a argola na boca do globo.

 

-          A continuación botan a auga da xarra dentro da botella de plástico e meten o globo dentro da botella tamén.

 

O peixe (debuxado no globo ) ao metelo na botella flota. Ao apretar a botella entra auga no seu interior, aumenta de peso e fúndese ( nada ata o fondo da botella. Ao deixar de apretar sae de novo a auga e ascende de novo.

 

E así vemos como nada o noso peixe na auga.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 33.- O peixe que nada.
Distribuir contido


by Dr. Radut