Parece máxia pensan os nenos/as de 1º B ! Pero despois entenden o que pasou.
Precisan para este experimento: un vaso de vidro, auga, papel para debuxar, e rotulador.
1º Pintan dúas frechas en posición horizontal no papel.
2º Observan como se ven esas frechas ao colocalas detras do vaso vacío.As frechas vense na mesma dirección.
3º Enchemos o vaso con auga e volvemos a colocar o papel coas frechas detrás dese vaso que agora está cheo.
Podemos ver como agora as frechas cambiaron de sentido.
A luz pasa dun material a outro, pode dobrarse e refractarse. Ao ir pasando dun material a outro a luz refráctase.