Os alumnos/as de 1º B comunícanse co seu propio teléfono.
Para iso precisan:
2 vasos de plástico, la e tesoiras.
Facemos un burato no centro do vaso e pasámos a la por el. Facemos un nó na la para que non se escape. E estendemos a la para conseguir unha distancia importante de separación. Facemos o mesmo co outro vaso que colocamos na outra punta. Un neno/a colócase nun extremo e outro/a no outro extremo. Un fala pola boca do vaso e o outro a distancia coloca o vaso no seu oído para escoitar o que lle di.
Ao falar emitimos ondas sonoras que fan vibrar o fondo do vaso. Esas vibracións viaxan pola la ata chegar ao vaso receptor.
Todos e todas son capaces de escoitar sons a través dese teléfono que acaban de elaborar.