Skip to Content

11.- Ambientadores naturais.

O  alumnado de 1º B   prepárase para crear uns ambientadores naturais para a súa aula. Para iso precisan: Limóns, cravos e palillos.

Van facendo buratos no limón  cos palillos e colocándolle os cravos creando diferentes imaxes ( un ourizo, unha cariña).

 Estes dous produtos combinados serven de aroma e mesmo de repelente para insectos. O aroma dos cítricos e o olor dos cravos conseguen neutralizar olores fortes e crean un ambiente natural agradable. 

Ao longo de varias semanas temos o noso ambientador natural na aula.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 11- Ambientadores naturais


album | by Dr. Radut