Skip to Content

13.- Plastilina caseira.

Aproveitando que en 1ºA  estamos traballando as cores e que queremos fomentar a motricidade no noso alumnado decidimos facer unha actividade manipulativa: facer a nosa propia plastilina. 

Para realizar a plastilina precisamos un vaso de fariña, medio vaso de sal, 4 medidas dunha culler de aceite, un vaso de auga e colorante alimentario.

Nun bol  mezclamos a fariña, o sal, o aceite e a auga e facemos unha masa. Cando teña consistencia facemos unha bola e botámoslle colorante alimentario. Seguimos amasando ata que colla  unha cor uniforme.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 13- Plastilina caseira


album | by Dr. Radut