Skip to Content

19.- O vaso e a vela.

O alumnado de 5º de Primaria estivemos vendo como a falta ou a variación de presión debido o cambio de temperatura influe sobre a auga.

Para o experimento empregamos:

  • un vaso de auga

  • un prato

  • unha vela 

  • un vaso

Botamos un pouco de auga no fondo do prato. A continuación poñemos a vela no prato evitando que se molle e prendémola. Por último tapamos a vela co vaso e esperamos a que esta se apague. Unha vez que se apaga podemos observar como a auga dentro do vaso sube debido a presión que exerce a falta de osíxeno.

A explicación científica débese a que cando se acaba o osíxeno a auga sube porque  co cambio de temperatura dentro do vaso tamén se cambia a presión. Cando a vela se vai apagando a presión dentro do vaso vai diminuindo pero a presión do exterior non varía e ahora esta é maior ca do que hai no interior do vaso polo que empuxa a auga para igual ambas presións (externa e interna).

Os alumnos e alumnas de 1º B tamén realizaron este experimento.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 19- O vaso e a vela


album | by Dr. Radut