Skip to Content

43.- Facemos un nenúfar

En 1º de primaria aproveitando que estamos co tema das plantas fixemos un nenúfar.

 

Precisamos : papel, tesoiras, lapis de cores e un recipiente con auga.

 

 O procedemento foi o seguinte.

 

-Debuxar unha estrela de 6 puntas, recortala e pintala.

 

-Dobrar as puntas cara a dentro imaxinando que cada punta é un pétalo.

 

-Introducir o nenúfar con coidado dentro dun recipiente con auga.

 

-Observamos como os pétalos se abren lentamente.

 

O alumnado fixase como o papel absorbe a auga e abre formando a flor.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 43.- Facemos un nenúfar


album | by Dr. Radut