Os nenos e nenas de terceiro descubrimos que o xabón esconde a poderosa propiedade de impulsar obxectos e pode facer navegar a un pequeno barco caseiro.
Como barco usamos un papel ao que lle demos forma. A continuación simplemente apoiamolo sobre unha superficie de auga, o máis grande posible, e agregámoslle un chisco de xabón ou deterxente. Ao facelo, o pequeno barco saiu disparado, surcando a auga.
A explicación é que a tensión superficial fai que a superficie da auga se comporte como unha membrana elástica que pode estirarse sen romper. O deterxente en contacto coa auga reduce a tensión superficial nese punto e a tensión externa superior tira cara fóra arrastrando o barco de papel.