Skip to Content

ENTROIDO NO BENCHO

Este ano o entroido no Bencho estivo enfocado a recuperar o tradicional , o entroido da diversión ,evitando o consumismo e alimentando a creatividade e imaxinación de cada un. Fomos de choqueiros e cada clase elexiu unha profesión antiga  (oleiros/as, labregos/as, rianxeiros/as, pulpeiras/os, cociñeiros/as, afiadores/as). Despois dun desfile polo patio, rematamos a festa co xogo das olas e cunha chocolatada. Agradecemos ás familias a sua implicación e participación.Así mesmo, queremos aproveitar para felicitar a ANPA do noso centro por ese premio ben merecido no desfile do entroido na cidade. Noraboa!!!

Álbum: curso 2019/2020 -> entroido 2020


album | by Dr. Radut