Skip to Content

Code Week Outubro 2020

Durante o mes de outubro, como en anos anteriores, conmemoramos a Semana Europea de Programación (Code Week) con diversas actividades.

Aínda que facemos actividades de programación durante todo o curso escolar, en outubro cobran maior importancia por ser a data orixinal desta campaña.

Dende o equipo de biblioteca lanzouse unha proposta de pensamento computacional desenchufado sobre pixel art. O alumnado tivo que descubrir o debuxo oculto coloreando segundo o código. O debuxo estaba relacioa co PDI deste ano sobre as antigas civilizacións.

Celina, unha das titoras de 3 anos, tamén iniciou ao seu alumnado na programación empregando o robot Escornabot e o mouse.  Aprenderon a avanzar e retroceder co robot traballando recoñecemento de imaxes,  relacións, números e psicomotricidade fina (para realizar as  pulsacións no teclado do robot).

Con estes robots tamén traballaron o conto da “Cabaza cabaciña” e aprenderon as cores e as formas entre outras cousas.

En Educación Física, co mestre Moncho xogaron a unha versión robótica da Pita Cega (o robot cego). O robot cego movíase de acordo coa programación previa (se recibía un toque na espalda avanzaba, se recibía un toque no brazo dereito xiraba á dereita, no brazo esquerdo á esquerda.

Igualmente en distintas áreas e cursos coa mestra Nancy e a mestra Isabel  participaron no Code Week Dance Challenge. O alumnado tivo que aprender un baile robótico ao son da música da Oda da Alegría.

Dende a materia de libre configuración de robótica tamén se participou con diferentes actividades. O alumnado de sexto creou unha animación da Semana Europea da Programación en Scratch, con distintos efectos e música.  Tamén se traballou coa ferramenta Cody Color na que tiveron a oportunidade de xogar e divertirse nunha competición ou “batalla real”.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Code Week


album | by Dr. Radut