Skip to Content

Code Week (Semana Europea da Programación)

Co motivo da conmemoración da Semana Europea da Programación, a mestra de Robótica, nomeada Leader Teacher pola European Schoolnet , promoveu e organizou diversas actividades para incentivar o uso e aprendizaxe da robótica e a programación co profesorado e co alumnado.

En relación ao profesorado realizouse unha curta charla informativa na que se lle facilitaron recursos e posibilidades para traballar  con aplicacións en liña, apps para tablets, programas descargables e tamén actividades “desenchufadas”.

Co alumnado traballamos con ferramentas como Mblock, aplicacións en liña de Minecraft e Blockly games e o xogo de cartas de CodyRoby.

Enmarcada dentro desta actividade, o venres 19 de outubro tivemos a oportunidade de contar con Naír Carrera, unha pedagoga con sede en Bruselas, que traballa na European Schoolnet, un organismo da Unión Europea que aglutina distintos Ministerios de Educación e que se ocupa de incentivar as vocacións STEM e a competencia dixital entre o profesorado.

Naír Carrera impartiu unha charla de carácter informal co alumnado explicándolle o seu traballo e a importancia da programación para as profesións futuras. Posteriormente participou nun obradoiro na biblioteca do centro onde o alumnado de 5º curso traballou actividades de programación en distintos recunchos.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Semana Europea da Programación


album | by Dr. Radut