Skip to Content

Club de Ciencia

Cambio climático

Tendo en conta os obxectivos de desenvolvemento sostible e a campaña de Scientix centrada neste curso na Sostibilidade e na Cidadanía levamos a cabo un proxecto en inglés no que o alumnado aprendeu a través de vídeos e distintas tarefas sobre o cambio climático e debatiron e propuxeron ideas para mellorar a situación. Finalmente deseñaron na materia de plásticas un cartaces para concienciar á comunidade do cambio climático e da necesidade de coidado o medio no que vivimos.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Cambio climático

Electrización

Investigamos sobre o proceso de paso de carga eléctrica de un corpo a outro corpo utilizando un bolígrafo e anacos de papel.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Electrización

O sistema respiratorio con Ozobot

Empregando o robot Ozobot os alumnos de 5º  fixemos unha representación do camiño que fai o osíxeno polo corpo humano. Con rotuladores de distintas cores deseñamos o circuítos para que o Ozobot co módulo seguiliñas fose seguindo as distintas ordes.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Ozobot

Condutividade

Con distintos obxectos comúns (clip, escarvadentes, goma...) fixemos as nosas hipóteses sobre que materiais eran condutores da electricidade e cales non. Despois comprobamos as nosas hipóteses empregando a placa Makey Makey, engadimos os materiais e obxectos a nosa táboa de condutores e illantes e probamos con outros obxectos da clase.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Materiais illantes e condutores

Día da Muller na Ciencia

Para celebrar este día tivemos a visita de María a Tifoidea que veu do pasado para contarnos a súa historia e explicarnos a importancia da hixiene e do coidado persoal na transmisión de bacterias.

O alumnado aprendeu a crear un caldo de cultivo e tomar mostras. Neste caso para comprobar a diferencia existente entre mans lavadas sen xabón e mans sucias tomáronse mostras de varios alumnos en distintos tarros de cristal e deixáronse algún días en repouso. O alumnado puido observar a contaminación na mostra das mans máis sucias con respecto a das mans que se lavaran coidadosamente con xabón.

Nesta sesión do Club os alumnos tamén aprenderon sobre distintas mulleres científicas e fixeron un xogo de emparellamento para familiarizarse con elas.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Día da muller na ciencia

Circuíto eléctrico

Nesta actividade aprendemos a facer un circuíto eléctrico cunha pila de botón, un LED e cinta de cobre. Aproveitamos o circuíto para crear unha postal de Nadal na que o facer presión nunha esquina da postal prendíase unha luz na árbore.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Circuito eléctrico

As plantas: fotosíntese e extracción de clorofila

Para observar o proceso de respiración das plantas empregamos unha planta mariña, bicarbonato e auga.

Nun recipiente con auga introducimos a planta e engadímoslle unha mestura de auga e bicarbonato. Despois duns minutos de exposición solar puidemos observar as burbullas que se producen cando a planta está expulsando osíxeno.

Aproveitamos tamén para extraer a clorofila dunha planta utilizando papel poroso e alcol.

Álbum: STEM 2020-2021 -> As plantas: respiración e fotosíntese

A función da bile

Neste experimentos preparamos unha emulsión de aceite en auga e o alumnado observa o efecto do xabón lavalouza sobre o aceite. A bile ten un efecto semellante cando actúa sobre a graxa.

Álbum: STEM 2020-2021 -> A función da bile

Obradoiro espacial

No primeiro trimestre do curso contamos coa empresa Vermislab para facer un obradoiro espacial. O obradoiro dividiuse en varias partes ao longo dun día. Nunha primeira parte o alumnado tivo a oportunidade de modelar o seu propio foguete en 3D empregando a aplicación 3D. Na segunda parte o alumnado puido construír o seu foguete empregando unha botella de plástico xunto con outro material de refugallo. A continuación programaron os robots Mbots para recoller o lixo espacial que se xera e, finalmente, no exterior do centro, os alumnos tiveron a ocasión de asistir ao lanzamento espacial dos seus foguetes (por presión da auga) e comprobar cal voaba mellor.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Obradoiro espacial

Actividades Club de Ciencia 5º

Distribuir contido


by Dr. Radut