Skip to Content

Animación á lectura

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Bo día Benchiños e Benchiñas!

Comezamos o mes de novembro cheiños de actividades para celebrar o MES da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS GALEGAS. Desde o blog de BIBLIOTECAS ESCOLARES de GALICIA proporcionannos unha morea de recursos, como a maleta viaxeira de Ciencia que xa temos na biblio. 

                                      Tamén temos previsto celebrar a I FEIRA DE CIENCIA EN GALEGO. Nela, a rapazada de cada aula presentará a un científicx e realizará un experimento relacionado co noso PDI "ConCIENCÍAte".

Agardamos pasalo moi ben e aprender unha chea!!!!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Dende o 1997 celébrase o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil na que están implicadas todas as bibliotecas do estado, entre elas a nosa Bibliobencho. Este ano o lema é BIBLIOTECA: LER, APRENDER E DESCUBRIR.

Aproveitamos esta data festiva para presentarvos o noso proxecto documental de centro, titulado "ConCIÉNCIAte"

Durante este curso imos ler, aprender e descubrir, que podemos facer para que o noso planeta se desenvolva dun xeito sostible e contribuir o logro dos Obxectivos da Axenda 2030.

Para que fagades unha idea o equipo da biblioteca preséntavos.......

 

 

Esperamos que vos gustara!

 

Agora para pór en práctica os vosos coñecementos sobre a Ciencia e o Desenvolvemento Sostible tedes que tratar de solucionar os seguintes xogos. 

(Preme nos Obxectivo 2030 para saber resolver o pasapalabras)

 

 

 

BENCHOLECTORES

O noso Bencho está moi contento por recibir tantas visitas este mes. Aquí vos deixamos unhas imaxes dos agasallados.

PARABENS BENCHOLECTORES!!!!!!

 

NOVOS AMIGOS NA BIBLIOTECA

Bo día,

Boas novas para os seguidores e seguidoras de Futbolísimos porque desde hoxe , en Bibliobencho, podedes disfrutar das aventuras de...LOS FORASTEROS DEL TIEMPO . Dúas coleccións con moito éxito entre os lectores.

Xa vos esperan no expositor de novidades.

 Lecturas  felices!!!

SUPERLECTORES DO MES DE NOVEMBRO

 (Prema na foto)

LECTORES MES DE OUTUBRO

Parabéns!!! Parabéns!!! Moitos parabéns!!!

Comezamos esta entrada felicitando a todo o alumnado que visita a biblioteca , que disfruta da lectura , que descubre mundos máxicos sen sair da habitación...

Dun xeito especial felicitamos aos lectores e lectoras do mes , aos que mais libros "devoraron" , os primeiros gañadores das insignias de Bencho e ... mirade que orgullosos e orgullosas e , por suposto, guapos e guapas, recibiron os agasallos.

Xa sabedes bencholectores , esperamos as vosas visitas na biblioteca do cole e... FELICES LECTURAS!!!!

HAI SORPRESAS ESPERANDO PARA TODXS!!!

TRABALLOS DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola amigos e amigas.

O venres 23 de outubro fixemos diferentes actividades para celebrar o día das bibliotecas. Coñecemos a biblioteca de Alexandría e o alumnado de segundo de primaria fixo uns marcapáxinas preciosos. Mirade:

 

 

 

VÍDEOCONFERENCIA DÍA DO LIBRO

Ola familias!

Onte pasámolo moi ben vendo aos nenos e nenas. Estaban moi emocionados/as ensinando os seus libros favoritos , vendo aos amigos e amigas , os seus profesores/as... Para nós, tamén foi unha actividade especial.

O único que podemos facer é darvos as grazas por o voso apoio e por a vosa participación. MOITAS GRAZAS.

Deixamos unha entrada para ter unha pequena lembranza da actividade. 

Equipo de Biblioteca.

23 ABRIL 2020 FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!

PASAPALABRA . DÍA DO LIBRO.

Ola!

Hoxe 23 de abril celébrase o Día do Libro. 

Disfrutade sa lecturas e deste rosco de pasapalabra. Espero que vos guste.

Unha aperta.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut