Skip to Content

Benvida

                                                                                                                                       BENVIDOS AO   

                                                                                                                 C.E.I.P. PLURILINGÜE BEN-CHO-SHEY 

 

 

Enderezo: Lugar A Chaira s/n, 32710 - Pereiro de Aguiar

Ensinanza: Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 988 259 454

Correo electrónico: ceip.benchosey@edu.xunta.es

DÍA DO LIBRO 2024

Bo día familias,

Para celebrar o Día Internacional do Libro fixemos unha morea de actividades de aula: marcapáxinas, concursos... pero a actividade raíña da semana do libro no Benchoshey, sen dúbida, é o APADRINAMENTO LECTOR!!!

O equipo de biblioteca preparou e coordinou esta actividade que  lle encantou ao alumnado!!!

Ó desfrutar dun día de sol as/os lectoras/es e os/as "afillados/as" buscaron recunchos moi chulos para a lectura.

Deixamos unha escolma de fotos.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DO LIBRO 24

MENÚ MAIO

EARTH DAY- DÍA DA TERRA 22 DE ABRIL

En honra ao Día da Terra, os nosos estudantes de sexto completaron un extraordinario proxecto de arte destinado a celebrar e promover a conciencia ambiental. Ao crear mosaicos feitos con materiais reciclados, colchas elaboradas con deseños complexos e carteis cheos de mensaxes impactantes, os nosos estudantes inspírannos a tomar medidas e marcar unha diferenza positiva no respecto ao noso medio ambiente. Este proxecto de arte do Día da Terra mostra a creatividade, o talento e a dedicación dos estudantes de 6°A e 6°B á vez que demostra a importancia de apreciar e protexer a nosa Terra para un futuro sostible.

In honor of Earth Day, our sixth-grade students completed a remarkable art project aimed at celebrating and promoting environmental awareness. By creating mosaics made from recycled materials, quilts crafted with intricate designs, and posters filled with impactful messages, our students inspire us to take action and make a positive difference in respecting our environment. This Earth Day art project showcases the creativity, talent, and dedication of the 6°A & 6°B students while demonstrating the importance of cherishing and protecting our Earth for a sustainable future.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> EARH DAY DÍA DA TERRA

2 DE ABRIL: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

 

Cando falamos de autismo falamos dun termo que dende a nosa óptica neurotípica cremos coñecer, pero cada día somos un pouco máis conscientes de todo o que nos queda por aprender. Esa coñecida frase de Sócrates “sólo sé que no sé nada” podería aplicarse a este campo do que estamos a falar.

 

Como escola temos ganas de aprender e de camiñar cara a tan ansiada inclusión. Temos moito que andar e moitos cambios que lograr, pero temos a esperanza de pouco a pouco facer deste espazo, un contexto amigable para todas as persoas neurodiverxentes.

 

Hoxe, con motivo deste día queremos aportar un pouco de luz dende unha nova óptica, a óptica autista, porque… quen mellor que os autistas para axudarnos a comprender este ámbito?

 

Resulta que levamos anos celebrando este día con símbolos erróneos, símbolos creados por neurotípicos, como é a cor azul, ou a peza de puzzle. 

 

A cor azul foi un símbolo creado por Autism Speak porque se cría que había máis nenos autistas que nenas, feito que escondía un sesgo machista de especialistas que atribuían as manifestacións das nenas a cuestións hormonais e emocionais.

 

A peza de quebracabezas asociase a un misterio que debe ser resolto, ou algo que non encaixa na nosa sociedade neurotípica.

 

Hoxe como mostra dun cambio de actitude que nos levará por mellores sendeiros, queremos reivindicar un símbolo que sí representa o día que se busca visibilizar: O símbolo do infinito, un símbolo creado por e para persoas autistas.

 

O infinito multicor:

O símbolo do infinito foi creado por Aspies for Freedon en 2005 como símbolo da neurodiversidade. Simboliza a diversidade dentro do Espectro Autista tanto pola forma de infinito como polas múltiples cores.

 

O infinito dourado: 

Escolleuse o dourado porque na táboa periódica “AU” é o símbolo do ouro e son as dúas primeiras letras de AUTISMO.

 

A cor vermella:

Esta cor oponse á cor azul e ao que esta cor simboliza. A empregan as persoas autistas de maneira reivindicativa para oporse a concepción social do autismo. Simboliza a idea de aceptar ás persoas autistas tal e como son e non buscar cambialas para facelas como as persoas neurotípicas.

 

DÍA DA ÁRBORE 2024

Bo día,

O pasado 22 de marzo , para celebrar o Dïa Internacional da Árbore, a rapazallada do Benchoshey saiu A Chaira para plantar árbores.

Traballaron moito e pasárono mellor aínda!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DA ÁRBORE 2024

MENÚ ABRIL

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO BEN CHO SHEY

 


DÍA DA MULLER: ILUSTRADORAS

Continuando coas celebracións do Día Internacional da Muller , o Equipo de Biblioteca organizou e coordinou a actividade ILUSTRADORAS. Con este tema a actividade está relacionada co Proxecto Documental Integrado deste curso "A BANDA DESEÑADA".

O alumnado escolleu as ilustradoras máis salientables facendo un traballo de investigación con estes resultados...

Álbum: CURSO 23-24 -> ILUSTRADORAS DÍA DA MULLER 24

TEATRO IGUALDADE

Outra das actividades realizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller foi o TEATRO DE IGUALDADE.

A actriz e escritora Raquel Queizás escenificou a obra SOMOS IGUAIS  e o conto "Artur e Clementina" para 1º, 2º, 3º de primaria e para os máis maiores " CONTOS POLA IGUALDADE NA TÚA MAN".

Álbum: CURSO 23-24 -> TEATRO IGUALDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut