Skip to Content

FESTIVAL NADAL 2023

Bo día familias,

Deixamos unha escolma de fotografías do FESTIVAL DE NADAL.

Pedazo artistas que temos no Benchoshey!!!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> FESTIVAL NADAL 2023

O TEIXUGO- 2ºA

TRABALENGUAS 2ºA

VISITAS SORPRESA

Bo día familias

Nestas datas tan sinaladas non podía faltar a visita de PAPÁ NOEL ás aulas de  Educación Infantil.

Ollade as cariñas do alumnado, máis feitiños/as non poden ser.....

Álbum: CURSO 23-24 -> PAPÁ NOEL 23

MENÚ XANEIRO 24

A ÁRBORE DAS SORPRESAS

Este Nadal no cole do Ben Cho Shey atoparedes na entrada unha árbore moi especial preparada por o equipo de extraescolares. Cada adorno desa árbore agacha unha sorpresa.

Quen as quere descubrir?

 

 

CHARLAS PLAN DIRECTOR

Hoxe, venres 1 de decembro , o alumnado de quinto e sexto de primaria disfrutou dunhas interesantes conferencias enmarcadas no Proxecto Plan Director da Garda Civil. Tratáronse temas que preocupan a comunidade educativa como o acoso escolar ou a violencia de xénero.

A rapazallada estivo moi atenta ás explicacións de Vanesa e Javier e moi participativa facendo preguntas moi atraintes.

Deixamos unhas fotiños.

Álbum: CURSO 23-24 -> PLAN DIRECTOR

MENÚ DECEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25N

Un ano máis celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25N. Nesta ocasión o lema era " As nenas voan alto".

Ollade un  resumo da actividade neste pequeno vídeo.

III CONCURSO DEBUXOS E VÍDEOS 25N

Bo día, 

Onte no Salón de Plenos do concello do Pereiro celebrouse un acto onde escolares dos centros educativos do concello, cos seus mestres, mostraron a súa repulsa contra a violencia de xénero. Tamén se entregaron os premios e diplomas do III Concurso de debuxos e vídeos 25N.

O alumnado de cuarto de primaria do Ben Cho Shey saiu gañador na súa categoría.

Parabéns para todos/as!!!!!

Deixamos unhas fotiños de dito acto.

   
 
Distribuir contido


by Dr. Radut