Skip to Content

CROS 2023

Bo día,

O pasado venres 17 de novembro celebrouse o Cros Escolar 2023 organizado por a Agrupación Escolar Alta Limia e coordinado por a Secretaría Xeral para o Deporte desde o programa XOGADE( xogos galegos deportivos en idade escolar).

A participación do alumnado do colexio foi moi alta . Nas categorías alevín masculino Adrián Enríquez e Hugo Vázquez fixeron primeiro e segundo posto e na categoría infantil feminino Carla Álvarez e Adriana Martínez acadaron segundo e terceiro posto. Os nosos parabéns!!!

Deixamos unha escolma de fotografías da xornada de cros.

E lembrade......Todos/as fostes gañadores/as!!!!!

 

Álbum: CURSO 23-24 -> CROS 2023

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2023: " A BANDA DESEÑADA NO BENCHO"

Este curso 2023-24 a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publicas elixiu como lema para as Bibliotecas Escolares UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS. Este lema quere  poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

Seguindo o camiño marcado por a Asesoría o PDI do colexio será A BANDA DESEÑADA NO BENCHO.

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra da compañeira Diana Bericoechea.

 

            

MAGOSTO 2023

Bo día,

O pasado venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto no cole. Este ano tivemos de axudantes ao alcalde Luis Menor e ao seu predecesor no cargo, Eliseo, moitas gracias por vir  a nosa festa.

Os bolos preñados , as castañas asadas e a música non podían faltar nun magosto que foi a ledicia do alumnado e profesorado.

Para mostra, ollade esta pequena galería de fotos da festa.

Álbum: CURSO 23-24 -> MAGOSTO 23

SAMAÍN 2023

CIBERBULLYING

Bo día, 

Este luns ,6 de novembro, o alumnado de sexto de primaria asistiu a unha conferencia sobre os perigos nas redes sociais . Dita actividade foi levada a cabo por a empresa Xeración S.C.G.

A charla é unha das actividades que se desenvolven dentro do Plan de Igualdade do centro.

Deixamos unhas fotiños do acto.

 

 

HOCKEY NO BENCHOSHEY

Bo día,

A semana pasada tivemos a sorte de traballar coa Federación Ourensana de Hockey nas clases de educación física. A rapazada desfrutou moito do deporte e co monitor que nos acompañou,  JAVI. 

Moitas gracias.

Deixamos unha escolma de fotos da actividade.

Álbum: CURSO 23-24 -> Hockey no bencho

MENÚ NOVEMBRO

PUPAS SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

Bo día ,

O cinco e seis de outubro o alumnado de 3º e 4º de primaria desfrutaron  dun curso de primeiros auxilios impartido por enfermeiras de Atención Primaria Ourense.

Ollade canto aprendimos e qué ben o pasamos!!!!

Gracias ao equipo de Pupas , sustos e outros desgustos.

Álbum: CURSO 23-24 -> PUPAS,SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

MENÚ OCTUBRE

MENÚ SETEMBRO

Distribuir contido


by Dr. Radut