Skip to Content

Club de Ciencia

Condutividade

Con distintos obxectos comúns (clip, escarvadentes, goma...) fixemos as nosas hipóteses sobre que materiais eran condutores da electricidade e cales non. Despois comprobamos as nosas hipóteses empregando a placa Makey Makey, engadimos os materiais e obxectos a nosa táboa de condutores e illantes e probamos con outros obxectos da clase.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Condutividade

Postal Rudolf

Aprendemos a facer un circuíto eléctrico cunha pila de botón, un LED e cinta de cobre. Aproveitamos o circuíto para crear unha postal de Rudolf na que o facer presión nunha esquina da postal prendíase o nariz.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Circuíto eléctrico - postal

O latexo do corazón

Creamos un modelo do corazón para ver a forza e o movemento de bombeo da sangue. Empregamos un tarro, dous globos, gomas e pallas de plástico.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> O latexo do corazón

A dixestión

Simulamos o proceso de dixestión empregando un globo como estómago e vinagre como ácido para a descomposición. Deixamos pan dentro do globo e despois de varios días descubrimos o que pasou dentro do globo.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> A dixestión

A célula

Coñecemos as células vexetais e animais a través da Realidade Aumentada. Primeiramente coloreamos unhas fichas e etiquetamos as partes das células, logo empregando a app QuiverVision escaneamos as imaxes e visualizámolas.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> As células

Coñezo o microscopio

Dedicamos varias sesións ao uso do microscopio, coñecemos as súas partes e aprendemos a manexalo. Fixemos observacións de distintas mostras para logo centrarnos no estudo e análise dunha bolboreta.
Baixo o microscopio puidemos centrarnos nas alas e nos ollos compostos destes insectos e aprender sobre a súa función.

 

Álbum: Club de Ciencia 2019-2020 -> Coñezo o microscopio

O segredo do panadeiro

Neste experimento tivemos a oportunidade de observar o proceso oculto que sucede cando se elabora o pan. Para iso mesturamos fermento, azucre e auga quente nunha botella co obxectivo de inflar un globo.

Ao mesturar estes ingredientes prodúcese dióxido de carbono que provoca que o globo se infle.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> A función da levadura

Ascensor

No club de ciencia cada alumno tivo a oportunidade de construír o seu propio ascensor caseiro e observar o seu funcionamento. Empregando un contrapeso o ascensor sube ou baixa dependendo da cantidade de elementos que engadamos ou quitemos no contrapeso.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Ascensor

Star crystals

Un cristal é un material sólido que se forma cando un líquido se enfria, se endurece e se converte nun sólido.  O alumnado tivo a oportunidade de observar e ver este proceso de primeira man realizando unhas estrelas con limpiapipas e mergullándoas nunha solución de auga tépeda saturada con azucre.

Este experimento organizouse dende a área de lingua estranxeira na que se traballou o texto do experimento, os materiais e as instrucións para levalo a cabo.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Cristalización

O aire ocupa espazo

Colocando un pano de papel engurrado dentro do fondo dun vaso e mergullándoo boca abaixo nun bol con auga o alumnado puido comprobar que o aire ocupa espazo, motivo polo cal o pano que está dentro do vaso non chegou a mollarse nunca.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> O aire ocupa espazo
Distribuir contido


by Dr. Radut