Skip to Content

Club de Ciencia

Debuxos flotantes

No club de ciencia investigamos sobre a forza de adhesión e descubrimos que varía dependendo do material. O alumnado empregou un rotulador de encerado borrable para facer debuxos nun prato de plástico. Segundo lle ían botando auga o debuxo íase despegando e flotando.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Adhesión

Balloon kebab

Normalmente se pinchamos un globo explota, isto sucede porque o material do globo está moi tenso e un mínimo pinchazo ou toque faino explotar.  Sen embargo, o material do globo non está tan tenso nos bordes do globo, polo tanto, se o pinchamos nesas zonas con coidado  evitaremos que rebente.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Balloon kebab

Capilaridade

O alumnado investigou sobre a capilaridade, a propiedade que ten a auga de ascender en contra da gravidade por pequenos tubos ou capilares.

Para poder observar o efecto da capilaridade utilizamos vasos con auga e colorante que se comunicaban con un vaso intermedio baleiro a través de papel de baño.  Despois dun tempo o líquido transferiuse dende os vasos externos ata o intermedio, mesturándose as cores.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Capilaridade

Fluído non newtoniano

Un fluído non newtoniano é aquel que en repouso se comporta como un líquido mentres que se o sometes a unha forza compórtase por un sólido durante un intre.

No club de ciencia puidemos experimentar cos fluídos non newtonianos mesturando auga con maicena.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Fluídos non newtonianos

Fosilización

Empregando xeso puidemos crear fósiles de varias flores e follas e investigar un proceso que a natureza realiza en miles de anos.

Un fósil crease cando un corpo é sepultado por areas e rocas sedimentarias que o cobren durante miles de anos producíndose un proceso de mineralización.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Fosilización

Circuítos con plastilina condutora

No club de ciencia puidemos experimentar coa electricidade de forma divertida e segura.  Con fariña, colorante, sal, aceite de cociña e zume de limón fixemos masas de distintas cores que se empregaron para probar distintos tipos de circuítos e facer figuras decorativas con LEDs.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Plastilina condutora

Inflar globo con bicarbonato

Ao mesturar o vinagre co bicarbonato prodúcese unha reacción química ácido-base. Unha reacción química é o proceso mediante algunhas substancias se transforman noutras diferentes.

No caso do vinagre e o bicarbonato o alumnado puido observar a transformación á dióxido de carbono, o gas responsable de inflar o globo.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Reacción bicarbonato-vinagre

Vela absorbe auga

Neste experimento aprendemos que o lume necesita osíxeno para manterse vivo. Colocamos unha vela nun prato con auga, ao tapar a vela cun vaso, a chama vai consumindo o osíxeno ata que se extingue e absorbe a auga do prato cara dentro do vaso.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Vela flotante

Ovo saltarín

No club de ciencia puidemos observar a reacción química producida entre o vinagre e o ovo. O ácido acético do vinagre provoca a liberación de dióxido de carbono cando se mestura co carbonato cálcico da cáscara do ovo e converte ao ovo nunha pelota de goma.

Este proceso chámase ósmosis, consiste no paso de auga dende unha solución máis diluída (exterior do ovo) a unha máis concentrada (interior do ovo) a través dunha membrana semipermeable.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Ovo saltarín

Paracaídas

O alumnado fabricou un paracaídas de papel caseiro empregando unha folla de papel e clips.

Con este experimento descubrimos os efectos da gravidade e a resistencia do colchón de aire que se forma baixo a superficie do obxecto que cae. Canta maior superficie, maior será a resistencia do aire para deixalo caer. Un paracaídas ten bastante superficie e pouco peso por iso o aire frea a súa caída.

Álbum: Club de ciencia 2018-2019 -> Paracaídas
Distribuir contido


by Dr. Radut