Skip to Content

Club de Ciencia

Club de Ciencia

 

Os experimentos e actividades científicas permiten aos nenos e adolescentes desenvolver a súa creatividade e iniciativa, agudizar o seu sentido crítico e darlle unha maior significación á aprendizaxe das ciencias.

 

 A finalidade do club de ciencia é auxiliar ao alumno para afirmar e profundar os seus coñecementos teóricos por medio de experiencias totalmente prácticas, ademais de contribuír a formar unha disciplina con base no método científico, fundamental no mundo que o rodea.

 

No curso 2018-2019 o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey solicita a participación no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 4º curso de Educación Primaria fora do horario lectivo.

 

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Ángela Guede Mojón
  • Isabel Blanco Pumar (coordinadora)

 

 

 

No curso 2019-2020 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria fora  do horario lectivo. Ademais das mestras que xa participaban no club únese Nancy Fernández Cid.

 

Na seguinte ligazón podedes ver máis información sobre o programa e a resolución definitiva na que se inclúe o noso centro.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/25227

 

 

 No curso 2021-2022 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 1º,4º e 6º curso de Educación Primaria.

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Nancy Fernández Cid
  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Susana Alonso Jardón
  • María José Pato Fernández
  • Mª Teresa Martínez Alonso

 

  No curso 2022-2023 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 2º,4º e 5º curso de Educación Primaria.

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Nancy Fernández Cid
  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Mª Jesús Freire Yáñez
  • Lidia González Mato
  • Mª Teresa Martínez Alonso

 

 

 No curso 2023-2024 continuamos participando no programa da Consellería "Club de Ciencia" coa proposta de levar a cabo esta actividade co alumnado de 1º,3º e 5º curso de Educación Primaria.

As mestras que participan nesta iniciativa son:

 

  • Marta Rodríguez Novoa
  • Meli Cachaldora Álvarez
  • Mª Jesús Freire Yáñez
  • Mª José Pato Fernández
  • Mª Teresa Martínez Alonso

8.- Facemos neve artificial.

8.- Facemos neve artificial.

Con este sinxelo experimento os nenos e nenas de terceiro crearon vos seus monecos de neve artificial.

Para isto só precisamos de bicarbonato e acondicionador de pelo. 

Ou único que hai que facer e mesturar ben todo nas proporcions axeitadas (dúas medidas de bicarbonato por media de acondicionador).

Como é posible este efecto? Ou bicarbonato é un composto sólido, cristaliño de cor branca. A súa composición (sales de osíxeno e dióxido de carbono) ten unha gran capacidade soluble. Unha vez entra en contacto co acondicionador crea unha masa uniforme de tacto e consistencia semellante á neve.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 8- Facemos neve artificial.

7-Estreliñas máxicas

7-Estreliñas máxicas

O alumnado de 1ºA fixeron una actividade divertida relacionada co Nadal: observar como reacciona a madeira coa auga formando unha figura moi típica desta época navideña: unha estrela.

Precisamos 5 escarvadentes , auga e un goteiro.  Doblan a metade cada escarvadentes sen chegar a rompelos, pegando un ao lado doutro formando unha estrela pechada. No medio engadimos auga cun goteiro e automáticamente observamos como a madeira reacciona absorbendo a auga. Neste proceso os escarvadentes hinchan e forman unha figura aberta dunha estrela.  

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 7-Estreliñas máxicas

6-A auga que camiña

6-A auga que camiña

O alumnado de 1 º A aproveitando que están traballando as cores fixeron un experimento onde observan como das cores primarias se conseguen as secundarias.

Necesitaron 7 vasos, colorante vermello, azul e amarelo, auga e papel de cociña

Os vasos colocáronse en ringleira e encheuse un sí e outro non, quedando 4 vasos con auga e 3 sen ela. Púxose colorante vermello nos vasos dos extremos, e nos outros un colorante azul e no outro amarelo.

Entre vaso e vaso púxose papel de cociña tocando nun a auga e no outro o vaso baleiro. E esperouse para ver o que acontecía.

Tras unhas horas observamos cómo a auga camiñou dun vaso a outro dando lugar as cores secundarias.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 6-A Auga que camiña soa.

5.- Como inflar un globo sen soplar.

5.- Como inflar un globo sen soplar.

En primeiro lugar poñemos o globo no embude e engadimos as 4 culleradas de bicarbonato de sodio. A continuación poñemos 120 ml de vinagre na botella de plástico para encher a botella un pouco máis dun terzo da súa capacidade.

Seguidamente poñemos o globo no colo da botella con coidado para que non caia o bicarbonato do globo no interior da botella. Cando teñamos o globo ben suxeito á botella, deixamos caer o seu contido no interior da botella. Neste momento empézase a producir unha reacción química entre o vinagre e o bicarbonato sódico… e como por encantamento ínflase o globo.

A explicación deste experimento é que ao mesturar o bicarbonato co vinagre prodúcese unha reacción química.

 

Unha reacción química é un proceso mediante o cal unhas substancias, que se denominan reactivos, transfórmanse noutras substancias diferentes que son os produtos. No noso caso os reactivos son o vinagre e o bicarbonato sódico e os produtos da reacción son auga, acetato de sodio (é un sal) e dióxido de carbono (é un gas). Este gas libérase en forma de burbullas e ten tendencia a escaparse da botella e chega ata o globo provocando que este se inche.

Álbum: STEAM 23-24 -> 5- Como inflar un globo sen soplar

4- Reacción entre bicarbonato de sodio e azucre (a serpe do faraón).

4.- Reacción entre bicarbonato de sodio e azucre (a serpe do faraón).

A «serpe do faraón» é un experimento químico co que observamos a reacción de combustión e deshidratación  co que se libera calor. Para facer este experimento  agregamos unha cullerada de bicarbonato sódico e catro de azucre no recipiente para mesturar e removemos coa mesma culler ata conseguir unha mestura homoxénea. É importante que as medidas coa culler sexan similares. Ademais hai que comprimir e compactar moi ben a mestura, facendo pastillas utilizando o colo da botella. saen unhas 4 pastillas. Sobre un papel de aluminio agregamos unha boa cantidade de area, formando unha especie de montaña. Cunha cucharita, esmagamos a area no centro e facemos un pequeno buraco. A area non se queima, polo que se considera un illante e ademais produce o efecto de que a serpe sae da area. Finalmente, esparexemos ben a area con alcol e depositamos as pastillas de azucre e bicarbonato que fixemos previamente xusto no buraco. A reacción iníciase cando acendemos (con coidado) o alcol cun encendedor. E xa listos, imos invocar “ a serpe”.

A idea é que a medida que o azucre se queima, a serpe “crece” grazas aos gases desprendidos ao descompoñerse o bicarbonato de sodio.

Por que saen unhas serpes negras da area ? Por acción da calor, o azucre descomponse en vapor de auga e carbono, que é o elemento que dá a coloración negra á “serpe”. Paralelamente, o bicarbonato sódico descomponse en carbonato de sodio, vapor de auga e dióxido de carbono. O interesante desta reacción é a combinación de dous procesos simultáneos: a “caramelización” do azucre pola calor durante a combustión e ao mesmo tempo o desprendemento de gases tanto do azucre como do bicarbonato sódico debido á descomposición térmica do bicarbonato sódico que producen o “crecemento” da serpe do faraón.

Podemos dicir en palabras sinxelas que “o corpo da serpe” prodúcese pola deshidratación do azucre e durante o crecemento da serpe “aliméntase” dos gases desprendidos pola descomposición do bicarbonato sódico.

Con este experimento os nenos e nenas de terceiro aprendemos:

- A distinguir cambios químicos que se producen na materia durante unha reacción química. Se é irreversible, unha vez acabada, a aparencia da materia non volve ao seu estado inicial.

 

- A realizar unha reacción química de deshidratación e combustión con materiais da vida cotiá que atopamos no supermercado.

Álbum: STEAM 23-24 -> 4-Reacción entre bicarbonato de sodio e azucre.

3.- Experimentamos coa enerxía. Facemos unha noria para Nadal.

 

3.- Experimentamos coa enerxía. Facemos unha noria para Nadal.

O alumnado de 5º de primaria, aproveitando a chegada do Nadal , andivemos ás voltas cos diferentes tipos de enerxía.

Para esta actividade precisamos: un motor de 3V, unha pila AA , un interruptor pequeno, luces led, cartón e goma eva.

En primeiro lugar construimos a noria con cartón e goma eva, posteriormente montamos o circuito para facela xirar.

Neste experimento, comprobamos que un conductor polo que circula a enerxía  química producida pola pila,  transfire unha forza ao motor  que fai xirar a noria.

A experiencia consiste nun circuito pechado polo que a enerxía circula por cables , transformándose de enerxía química a enerxía cinética e  a enerxía eléctrica.

Aproveitamos para  explicar ao alumnado que é a enerxía , tipos de enerxía  ( química, lumínica , cinética ) e demostramos dúas das súas propiedades:  

1.- A enerxía transfórmase

-       A enerxía química dunha pila transfórmase en enerxía eléctrica e enerxía cinética. 

2.-  A enerxia transpórtase  dun lugar a outro por medio de condutores. Da pila transfírese ao motor e ás luces led.

 

CONCLUSIÓN: Atopámonos coa dificultade de que  o noso carrusel vai a gran velocidade, polo que os bonecos saen voando. Para solventar, decidimos colocar uns bonecos de plastilina, observando que a masa pode influir na potencia.

Álbum: STEAM 23-24 -> 3- Experimentamos coa enerxía. Facemos unha noria para Nadal.

2-Apócemas máxicas de Samaín: a reacción química do vinagre e do bicarbonato.

2.- Apócemas máxicas de Samaín: a reacción química do vinagre e do bicarbonato.

O alumnado de 1ºA, aproveitando que aínda está moi presente a celebración do Samaín, queremos realizar as nosas propias apócemas terroríficas e, polo tanto, comprobar que acontece cando mesturamos o vinagre co bicarbonato, dúas sustancias moi presentes na vida cotiá.

Os materiais precisos para este experimento son os seguintes: varios vasos pequenos, culleres,  bicarbonato, vinagre, colorante alimentario e bandexas de plástico para conter as burbullas.

Procedemento:

  1. Botar un par de culleradas de bicarbonato nun vaso.

  2. Encher outro vaso ata a metade con vinagre. Engadir unhas gotas de colorante. Mesturar benn cunha culler.

  3. Verter o vaso de bicarbonato sobre o que contén vinagre.

  4. Obvervar o que acontece e repetir o proceso con distintas cantidades de vinagre e bicarbonato.

 

Que ocorreu? Cando o vinagre e o bicarbonato entran en contacto, ten lugar unha reacción química que produce auga, acetato de sodio e, o gas no que insistimos, CO2.  Este gas é o responsable das burbullas nas nosas beberaxes. Aproveitamos para falar sobre a importancia do mesmo, que é indispensable para a vida: úsano as plantas para fabricar o seu alimento e atrapa o calor da Terra. Mais o aumento dos seus niveis na atmosfera, provoca numerosos problemas medioamientais.

Álbum: STEAM 23-24 -> 2- Apócemas máxicas de Samaín:reacción química do vinagre e bicarbonato.

1.- Os gases e a diferencia de presións (petardos caseiros).

1.- Os gases e a diferencia de presións (petardos caseiros).

Os alumnos e alumnas de 3ºA observamos que acontece cando hai unha diferencia de presións entre o interior du bote e o exterior. 

Para este experimento precisamos: auga, aspirina e un bote pequeño que peche ben.

O primeiro paso foi botar un pouco de auga en cada bote, introducir unha aspirina, pechar ben o bote e esperar a ver que acontecía. Transcorridos un par de minutos os botes explotaban e saltaban polos aires.

 

A aspirina contén ácido acetilsalicílico que en contacto coa a auga produce CO2. Este CO2 compórtase como un gas, que se expánde, ocupando o maior espacio posible dentro do bote. Esto produce unha diferencia de presións entre o interior do bote e o exterior. Cando esta diferencia de presións se eleva o bote “explota”.

Álbum: STEAM 23-24 -> 1-Os gases e as diferencias de presión(petardos caseiros)

O COMPORTAMENTO DO AIRE

O comportamento do aire

O aire non o vemos, pero ten un peso, ocupa un lugar (está en todas partes) e exerce unha forza sobre a superficie dos obxectos ou da auga. Imos experimentar cuns experimentos sinxelos para que os alumnos o entendan mellor.

 

  1. A balanza do aire

           Creamos unha balanza para decatarnos de que o aire ten un peso.

 

Materiais: dous globos, dúas varillas, duas latas e cinta adhesiva.

 

Facemos unha balanza co material indicado. Os alumnos teñen que observar o desequilibrio da balanza cando nun dos dous extremos pegamos un globo inflado ó máximo, e no outro extremo pegamos un globo sen inflar. Conclusión: o aire pesa.

 

  1. O aire ocupa un lugar e está en todas partes.

Aínda que un bote estea vacío está ocupado por aire. Isto é o que verán os alumnos cun experimento no que o único que precisamos é unha vasija chea de auga e un vaso.

 

Pasos:

  • Darlle a volta o vaso e sumerxilo na auga.

  • Inclinar o vaso ata que saian burbullas de aire.

 

¿Que pasa? 

No primeiro paso o vaso contén aire e a auga non entra. No segundo paso o aire busca unha vía de escapa, sae en forma de burbullas e a agua ocupa o seu lugar. 

O vaso vaise enchendo  de auga pouco a pouco.

 

Conclusión: o aire ocupa un espazo.

 

Álbum: STEAM 22-23 -> 28- O COMPORTAMENTO DO AIRE
Distribuir contido


by Dr. Radut