Skip to Content

Club de Ciencia

MESTURAS HOMOXÉNEAS E HETEREXÓNEAS

Coñecemos a diferenza entre substancias puras e mesturas. Observamos que as mesturas homoxóneas son aquelas nas que non se poden distinguir a simple vista as substancias que as forman. Para eso, diluimos azucre e sal en auga. As subtancias heteroxéneas si que se poden distinguir as subtancias, comprobámolo diluindo agua e aceite.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Mesturas homoxéneas e heteroxéneas

FILTRACCIÓN E DECANTACIÓN

 

Estivemos experimentando diferentes formas de separar as mesturas, separando un sólido dun líquido a través da filtracción ( separamos lentellas de auga, e avena de auga) decantación ( separamos pedriñas da auga)  e disolución a través de evaporación ( diluimos sal con auga e logo evaporamos a auga) . 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Filttración e decantación

MARÍA, A TIFOIDEA

 

 

Coa figura deste personaxe do s.XIX traballáronse cos nenos diversos conceptos de microbioloxía. A presentación da historia de Mari, unha muller que se fixo famosa por ser a primeira persoa detectada como portador asíntomático da historia, a cal foi perseguida e encerrada en varias etapas da súa vida por ser a causante de contaminar e provocar infeccións de Salmonella Tifoidea en diferentes familias estadounidenses.Esta historia deu pé a facer un experimento científico, no que sementamos microorganismos en caldos de cultivo, para ver como un ser invisible para o ollo humano é capaz de visualizarse nas condicións propicias e posteriormente traballamos a figura da muller na ciencia e a súa importancia da historia coa presentación de catro mulleres científicas relacionadas coa microbioloxía. Por último fixemos un xogo de memo cos nenos para coñecer os inventos dunha morea de mulleres. Os obxectivos deste obradoiro foron varios, pero o más importante foi por en valor o traballo da muller ao longo da historia e a súa aportación á ciencia e ao vance da humanidade, por outra parte coñecer o mundo da microbioloxía, relacionarnos con el e comprender a importancia das medidas de hixiene na nosa vida cotiá.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Bacterias MARÍA TIFOIDEA

INDICADORES NATURAIS DE ÁCIDO-BASE

 

En primeiro lugar explicouse o concepto de ácido e base. Cunha visión histórica para unha mellor comprensión, foise falando do uso de ácidos e bases que se deu ao largo dos anos e como os humanos os fomos utilizando nas nosas tarefas diarias. Espúxose os diferentes avances científicos que fan que na actualidade este concepto sexa moi sinxelo de medir, grazas as tiras de pH, por unha escala de cores.Traballouse o concepto de pH e a súa escala, en diferentes substancias medidas con tiras de pH. Finalmente, descubriuse un indicador natural para medir o pH, a Lombarda. A propia lombarda vai variar a súa tonalidade dependendo da acidez ou basicidade do entorno no que se atope, elaborouse cos nenos un ph-metro natural. Con esta disolución de lombarda investigouse a acidez e basicidade de diferentes substancias e rematouse coñecendo e realizando unha volumetría. O obxectivo deste experimento foi por en valor o coñecemento científico e visualizar que un concepto que en principio pode ser moi abstacto co material adecuado é comprensible para os máis pequenos.

 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> INDICADOR NATURAL ÁCIDO BASE

CONDUCTIVIDADE E ILLAMENTO MAKEY MAKEY

Fixemos unha actividade que consiste en descubrir que obxectos son conductores e cales non. Fomos probando diferentes materiais ( plastilina, auga, aluminio, culleres eo noso própio corpo) . Fixemos un mando con estes materiais, para xogar coa MAKEY MAKEY ao comecocos, a super Mario e a tocar un piano.  Tamén fixemos un xogo de palmas co noso própio corpo. 

 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Conductividade e illamentos makey makey

SALA DE OPERACIONES CONDUCTIVIDAD CON MICROBIT

CREAMOS O XOGO OPERACIÓN CON MICROBIT. 

 

Fixemos unha maqueta de cartón do corpo humano e recortamos as partes donde irían colocados os seguintes órganos : cerebro, pulmón, corazón, estómago, fémur, úmero. Cubrimos o bordo con papel de prata ( material conductor) e programamos a Microbit. Unha vez programada unimos a Microbit con dous cables de cocodrilo, un ao taboleiro e outro a unhas pinzas de metal. O xogo consiste en ir sacando as pezas dos órganos sen tocar o bordo de alumnio, de tocar o bordo a Microbit faría un son e remataría o xogo.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> sala de operaciones

FLORES DE PAPEL QUE SE ABREN NA AUGA

 

Colorean as flores, córtanas e doblan os seus pétalos. Cando se coloca nun recipiente con auga, os pétalos acaban abrindo. O papel contén fibras que actúan como capilares, que absorben a auga que atravesa esas fibras facendo que os pétalos de papel se inflen e abran.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> FRORES QUE SE ABREN NA AUGA

ESPORAS DUN FENTO NO MICROSCOPIO

 

Observamos as esporas dentro dos esporanxios dun fento a través dun microscopio.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> ESPORAS FENTO

CAMISETA ÓRGANOS

 

Observamos os órganos cunha camiseta que nos axudou a velos dun xeito moi real utilizando a realidade aumentada.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> CAMISETA ÓRGANOS EN AR

CROMATOGRAFÍA

 

Extraer pigmentos de clorofila de hojas de espinaca. Observar los tipos de clorofila (clorofila A, clorofila B, xantofilas y carotenos) y sus funciones dentro del proceso de la fotosíntesis. 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> CROMATOGRAFÍA
Distribuir contido


by Dr. Radut